(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Glen Jacobs - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Glen Jacobs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGlen Jacobs

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Glenn Thomas Jacobs Editar o valor en Wikidata
26 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Torrejón de Ardoz, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde Condado de Knox (pt) Traducir
2018 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaAnarcocapitalismo (pt) Traducir e Escola Austríaca de Economía Editar o valor en Wikidata
EducaciónTruman State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso323 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico (2017–), actor (2006–), loitador profesional (1992–), baloncestista (–1989), axente de seguros Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportewrestling profissional (pt) Traducir (1992–)
baloncesto (–1989) Editar o valor en Wikidata
Adestrado porDean Malenko (pt) Traducir
Ray Candy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–1989 Truman Bulldogs men's basketball
–1989 Truman Bulldogs football

IMDB: nm0414417 Allocine: 431832 TV.com: people/glen-jacobs
Facebook: Kane-WWE-Universe Twitter: GlennJacobsTN Instagram: glennjacobstn Editar o valor en Wikidata

Glen Thomas Jacobs (nado o 26 de abril de 1967), máis coñecido por Kane, é un loitador profesional e actor. Traballa actualmente na World Wrestling Entertainment na súa marca RAW. É medio irmán de Mark Calaway.

Jacobs foi 2 veces Campión Mundial: 1 vez campión da WWE e outra da ECW. Tamén destacan os seus reinados como Campión Hardcore, dous como Campión Intercontinental e 9 como Campión Mundial en Parellas.

Jacobs comezou a súa carreira como loitador profesional en 1992. Primeiro foi coñecido como Angus King, ó debutar na zona de Saint Louis. Posteriormente trasladouse ó sur e comezou a loitar como The Christmas Creature e Doomsday, aparecendo na United Stated Wrestling Association. Tamén competiu no Xapón coa promoción Pro Wrestling Fujiwara Gumi baixo o seu nome real.

Smokey Mountain Wrestling

[editar | editar a fonte]

Jacobs debutou na SMW utilizando o nome de Unabomb. O 7 de abril de 1995, Unabomb e Al Snow derrotaron a The Rock 'N Roll Express, gañando o Campionato en Parellas da empresa, o primeiro campionato na carreira de Jacobs.[1].

O 12 de agosto de 1995, Al Snow e Unabomb foron derrotados por Tracy Smothers & Dirty White Boy, perdendo os Campionatos de Parellas. Como resultado da derrota, Unabomb foi despedido de Smokey Mountain Wrestling.

Glen Jacobs firmou un contrato coa WWF días despois de deixar a SMW.

World Wrestling Federation/Entertainment

[editar | editar a fonte]

1995-1996

[editar | editar a fonte]

Jacobs fixo o seu debut na World Wrestling Federation (WWF) como "Dr. Isaac Yankem DDS", o dentista privado de "Jerry "the King" Lawler". Jacobs loitou varias veces contra Bret Hart; durante o seu primeiro combate en SummerSlam perdeu por descualificación.[2].

Participou como o falso Kevin Nash, cando Jim Ross o introduciu como o compañeiro do falso "Razor Ramon".

1997-1998

[editar | editar a fonte]

O 5 de outubro de 1997 fixo o seu debut na WWF, baixo o nome de "Kane", no evento Bad Blood durante a loita Hell in a Cell na que estaban loitando Shawn Michaels e Mark Calaway. A súa aparición custoulle a derrota ó seu amigo "The Undertaker".[3]. Kane retou a Undertaker a unha loita, pero este rexeitouna. Despois de varios meses, interferiu novamente nun combate de Mark Calaway, prendéndolle lume dentro dun ataúde. Undertaker fixo a súa volta en WrestleMania XIV, onde derrotou a Kane.[4]. Esta serie de combates entre os dous culminou en Unforgiven nun Inferno Match, onde Undertaker novamente saíu victorioso.[5].

  1. [http://www.onlineworldofwrestling.com/profiles/k/kane.html En maio de 1995 Unabomb perdeu unha loita con Robert Gibson, e en agosto outra con Mark Calaway
  2. "Online World of Wrestling". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  3. Online World of Wrestling
  4. XIV Pro Wrestling History
  5. pwwew.net