Goberno da Rioxa
Aparencia
O Goberno da Rioxa é, xunto ao Parlamento e ao presidente rexionais, un dos tres órganos institucionais da comunidade autónoma da Rioxa (España). Componse do presidente autonómico, o vicepresidente ou vicepresidentes, no seu caso, e os conselleiros.
Funcións
[editar | editar a fonte]O Goberno da Rioxa exerce o poder executivo e a administración da comunidade autónoma. As súas funcións detállanse no artigo 24 do Estatuto de Autonomía.[1] En particular:
- Exerce a potestade regulamentaria que non pertence ao Parlamento.
- Interpón recursos ante o Tribunal Constitucional.
- Executa as funcións que se deriven do ordenamento xurídico estatal e rexional.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A estrutura do goberno é variable, xa que corresponde ao presidente designar o número e composición do mesmo. A estrutura actual (2011) é:
Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | Pedro Sanz Alonso |
Consellería de Presidencia e Xustiza | Emilio del Río Sanz |
Consellería de Administración Pública e Facenda | María Concepción Arruga Segura |
Consellería de Obras Públicas, Política Local e Territorial | Antonino Burgos Navajas |
Consellería de Educación, Cultura e Turismo | Gonzalo Capellán de Miguel |
Consellería de Agricultura, Gandería e Medio Ambiente | Íñigo Nagore Ferrer |
Consellería de Saúde e Servizos Sociais | José Ignacio Nieto García |
Consellería de Industria, Innovación e Emprego | Javier Erro Urrutia |
Sede
[editar | editar a fonte]A sede do Goberno da Rioxa atópase na antiga Deputación Provincial, no centro de Logroño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatuto de Autonomía da Rioxa" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2007. Consultado o 07 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial do Goberno da Rioxa Arquivado 21 de febreiro de 2002 en Wayback Machine. (en castelán)