Gonzalo Meirás Otero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | 11 de novembro de 1968 Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Gonzalo Meirás Otero, coñecido como Chalín e Gonzalo de Amarante, finado en Ferrol o 11 de novembro de 1968, foi un profesor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor de francés na Escola de Máquinas da Armada, e profesor do Instituto de Ferrol, despois foi director do Instituto Feminino de Ferrol. Foi correspondente de La Voz de Galicia en Ferrol, colaborou en Vida Gallega e foi redactor de El Correo Gallego, do que chegou a ser redactor xefe, e La Noche. Foi correspondente de ABC en Ferrol. Foi presidente da Asociación da Prensa de Ferrol e cronista oficial de Ferrol. Finou en Ferrol o 11 de novembro de 1968.[1][2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1952 o concello de Ferrol concedeulle a Medalla de Prata da cidade.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 12-11-1968, p. 11.
- ↑ ABC, 13-11-1968, p. 90.
- ↑ ABC, 6-8-1952, p. 14.