Guillerme
Guillerme ou Guillén é un nome propio galego de orixe xermánica. Fíxose moi popular en lingua inglesa logo da conquista normanda de 1066, e siguiu séndoo durante toda a Idade Media e na era moderna. O equivalente moderno en alemán é Wilhelm. A súa variante feminina é Guillermina.
Santoral
[editar | editar a fonte]San Guillerme (Vercelli, 1085 - Goleto, actual Sant'Angelo dei Lombardi, 25 de xuño de 1142), tamén coñecido coma san Guillerme abade, foi un freire fundador de mosteiros e comunidades, entre eles a congregación de Montevergine (Monte Virxe). Venerado como santo pola Igrexa católica, a súa festividade celébrase o 25 de xuño.
Orixes
[editar | editar a fonte]Guillerme, porcede do xermánico Wilhem: Willo = vontade, desexo, amor, paixón; Hem = casco, protección. Polo tanto pode traducirse como "protector voluntarioso".
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Linguas romances
- Gulielmus (latín)
- Guglielmo (italiano).
- Guillaume (francés).
- Guilhem (occitano).
- Guillem (catalán).
- Guillén (aragonés, galego).
- Guilherme (portugués).
- Guillerme (galego).
- Outras
- غييرمو - Gīyermū (árabe).
- Jelle (frisón).
威 廉 - Wēi Lián,吉 列 爾 莫 jí liè ěr mò entre outros (chinés).- ウィリアム- Uiriamu (xaponés).
- Γουλιέλμος - Gouliélmos (grego).
- Գուլիելմոս - Goulielmós (armenio).
- Gwilym (galés).
- Gwilherm (bretón).
- Illiam (manx gaélico).
- Uilleam (gaélico escocés).
- Uilliam, Liam (gaélico irlandés).
- Guildhelm (neerlandés).
- װ ֶעלװ ֶעל - Velvel (yiddish).
- Вильгельм - Vil'gel'm (ruso).
- Vilhelm (dinamarqués, noruegués, sueco).
- Vilhelmo (Esperanto).
- Viliam (eslovaco).
- Viljem (esloveno).
- ויליאם - Vylyam (hebraico).
- Вилим / Vilim (serbio).
- Vilém (checo).
- Vilmos (húngaro).