(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Gunderico - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Gunderico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGunderico

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento379 Editar o valor en Wikidata
Xermania Magna, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte428 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Rei Asdingos
407 – 428 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónPaganismo e arianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrei Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisGodexisilo Editar o valor en Wikidata  e Flora Editar o valor en Wikidata
IrmánsXenserico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Vandals-51

Gunderico (en latín: Gundericus) nado no 379 e finado no 428, foi rei dos vándalos entre o 407 e o 428 e dos alanos entre o 419 e o 428. Dirixiu aos vándalos asdingos, tribo que residía orixinalmente preto do río Oder, para participar nas invasións bárbaras do Imperio Romano de Occidente no século V.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Godexisilo, rei dos vándalos asdingos, e da súa esposa Flora. Sucedeu ao seu pai, morto no último día do ano 406 combatendo contra os francos ripuarios, que defendían, como foederati do Imperio Romano, a fronteira do río Rin.

Cos seus aliados suevos e a cabalaría pesada proporcionada por varios clans alanos, Gunderico derrota unha forza de 3.000 francos e forza o paso á Galia, que recorre saqueando, entre outras, cidades como Maguncia ou Amiens.

Ante a presión conxunta dos francos e das tropas britano-romanas do usurpador Constantino III, vese empuxado cara ao sur, cruzando os Pireneos en outubro do 409.

Asentamento na Gallaecia

[editar | editar a fonte]

Dous anos despois, en 411, un tratado con Roma estableceu aos vándalos asdingos ao norte da Gallaecia, aos suevos no sur, aos alanos en Lusitania e a Cartaxinense, e aos vándalos silingos na Bética.

Esta situación, porén, ha durar pouco, debido á intervención dos visigodos que, dirixidos por Walia e en calidade de foederati de Roma, interveñen en Hispania no ano 417. Walia penetra na Cartaxinense e derrota aos vándalos silingos na Bética, capturando ao seu rei Fredebaldo.

Sucesión alana

[editar | editar a fonte]

No 418 chégalle a vez aos alanos, cuxo rei Ataces morre a mans dos visigodos. Como consecuencia de todo isto, Gunderico acabará asumindo en 419 o título de “Rex Wandalorum et Alanorum” ("Rei de vándalos e alanos") e instalando ao seu pobo na Bética como foederati no 422.

Guerra suevo-vándala

[editar | editar a fonte]

En 419, despois dunha disputa con Hermerico, os vándalos atacaron os suevos e atraparon ao exército de Hermerico na batalla dos montes Nervasos. O xeneral romano Asterio interveu a favor dos suevos e os vándalos retrocederon, marchando cara á Bética, onde se uniron aos silingos sobreviventes.[1]

Campañas de suevos, vándalos e Imperio romano de Occidente durante a guerra suevo-vándala.

Asentamento na Bética

[editar | editar a fonte]

En 422, Gunderico derrota a un exército romano preto de Córdoba que, ao mando de Castino, pretendía recuperar a Bética. Os vándalos atacaron Mauretania Tingitana, Baleares, e saquearon Cartaxena e Hispalis (Sevilla) no 425, aínda que non chegaron a establecerse nestas cidades. Gunderico volveu tomar Hispalis en 428.[2]

Hidacio escribiu que en Hispalis no 428 Gunderico puxo "as mans na igrexa daquela mesma cidade, por vontade de Deus foi apreixado por un demo e morreu". Non está claro como morreu Gunderico, aínda que se teoriza que Hidacio facía referencia ao intento de Gunderico de converter unha igrexa católica nunha igrexa ariana pero morreu inesperadamente. Despois de que Gunderico morrese a principios de 428, os vándalos elixiron o seu medio irmán Xenserico como o seu sucesor, este deixou Iberia no 429 e invadiu a África romana onde se asentou.

  1. Thompson, 165.
  2. Kulikowsi 2004, pp. 173-180

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Godexisilo
Rei dos vándalos
407-428
Sucesor:
Xenserico
Predecesor:
Ataces
Rei dos alanos
419-428
Sucesor:
Xenserico