Håkan Hellström
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Håkan Georg Hellström 2 de abril de 1974 (50 anos) Älvsborg parish, Suecia (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Educación | Universidade de Gotemburgo |
Actividade | |
Ocupación | cantante , artista discográfico , batería , compositor , compositor de cancións |
Período de actividade | 1991 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música pop, música independente, Jangle pop, Soul, folk rock, power pop, música rock, folk-pop, indie pop e Vispop (pt) |
Lingua | Lingua sueca |
Instrumento | Voz, guitarra, baixo, Batería, teclado e baixo elétrico (pt) |
Selo discográfico | Woah Dad! (en) Universal Music Group Stranded Rekords (pt) EMI Virgin Records Dolores Recordings (en) Warner Music Sweden |
Premios
| |
Páxina web | hakanhellstrom.se |
Håkan Hellström, nado en Västra Frölunda (Gotemburgo) o 2 de abril de 1974, é un músico sueco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou súa carreira musical na banda de indie pop Broder Daniel, onde tocou a batería entre 1988 e 1994. Nese ano deixou o grupo e uniuse á banda de rock alternativo Honey is Cool, na que apenas estivo para volver a tocar cos Broder Daniel en 1997, pero como baixista, ata que en 2003 a volveu abandonar para iniciar súa carreira en solitario.
Este abandono da banda debeuse ó éxito da súa canción "Kann ingen sorg för mig Göteborg" (non chores por min Gotemburgo) no ano 2000, cinco anos despois sacou seu primeiro álbum en solitario Nåt gammalt, nåt nytt, nåt lånat, nåt blått ("Algo vello, algo novo, algo prestado, algo azul") onde xuntou material anterior que non publicara. Debido ó nacemento de seu fillo en 2006 abandonou as xiras e gravacións, porén seguiu dando pequenos concertos, publicando mais tarde seu traballo För sent för Edelweiss (tarde de máis para Edelweiss). Algúns destes traballos teñen certas liñas e melodías collidas doutros artistas, polo que xerou algunhas controversias seu traballo respecto da orixinalidade e os dereitos de autor, sendo acusado de plaxio nun dos seus sinxelos, que sacou do mercado.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Känn ingen sorg för mig Göteborg (2000)
- Det är så jag säger det (2002)
- Ett kolikbarns bekännelser (2005)
- Nåt gammalt, nåt nytt, nåt lånat, nåt blått (2006)
- För sent för Edelweiss (2008)
- Två steg från paradise (2010)
- Det kommer aldrig va över för mig (2013)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Håkan Hellström |