Televisión de alta definición
A Televisión de alta definición (HDTV) é un sistema de transmisión televisiva cunha significativa maior resolución cós formatos tradicionais (NTSC, SECAM, PAL). O HDTV asociase ás emisións dixitais, por mor da televisión dixital precisar moito menos ancho de banda, malia iso en Europa e no Xapón adoptáronse nun primeiro momento formatos HDTV analóxicos. A tecnoloxía HDTV introduciuse primeiro nos Estados Unidos durante os anos 1990 por un grupo de compañías electrónicas, (AT&T, General Instrument, MIT, Philips, Sarnoff, Thomson e Zenith) agrupadas na Digital HDTV Grand Alliance.
O formato HDTV utiliza exclusivamente unha relación de aspecto 16:9 a diferenza do formato convencional que pode utilizar 4:3 ou 16:9. A alta resoluxión das imaxes (1920 pixeis x 1080 liñas ou 1280 pixeis x 720 liñas) permite mostrar moito máis detalle comparado coa televisión analóxica de definición estándar (720 pixeis x 576 liñas co estándar PAL). Para a compresión pódense utilizar os códecs MPEG-2,H.264 ou o VC-1 (derivado do Windows Media Vídeo 9).
Comparanza coa SDTV
[editar | editar a fonte]O sistema de alta definición HDTV ten polo menos o dobre de resolución que o SDTV, razón pola cal se pode mostrar moito máis detalle en comparanza cun televisor analóxico ou un DVD normal. Ademais, os estándares técnicos para transmitir HDTV permiten que se proxecte utilizando unha relación de aspecto de 16:9 sen utilizar franxas negras e, por tanto, pódese incrementar a resolución do contido.
Vista de cerca
[editar | editar a fonte]-
O HDTV ten máis de catro veces a resolución de SDTV
-
Resolución de SDTV.