Orix Buffaloes
Orix Buffaloes | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1936 En Osaka desde 2007 | |||
| |||
Liga | |||
Liga | ![]() | ||
División | Pacific League (1950–presente) | ||
Liga anterior | Japan Baseball League (1936–1949) | ||
Imaxe do equipo | |||
![]() | |||
Cores | Marino, dourado, branco | ||
Datos do equipo | |||
Anterior | Hankyu (1936–1946) Hankyu Braves (1947–1988) Orix Braves (1989–1990) Orix BlueWave (1991–2004) | ||
Estadio | Zozo Marine Stadium | ||
Estadios antigos | Takarazuka Kyūjō (1936) Hankyu Nishinomiya Stadium (1937–1990) Kōbe Sōgō-Undō-Kōen Yakyūjō (1991–2004, 2006) | ||
Mascota | Buffalo Bull e Buffalo Bell | ||
Dono | Orix Kabushiki-gaisha | ||
Adestrador | Norifumi Nishimura | ||
Títulos | |||
Nippon S. (5) | 1975, 1976, 1977, 1996, 2022 | ||
Pacific L. (14) | 1967, 1968, 1969, 1971, 1972, 1975, 1976, 1977, 1978, 1984, 1995, 1996, 2021, 2022 |
Os Orix Buffaloes (オリックス・バファローズ Orikkusu Bafarōzu?) son un equipo profesional de béisbol xaponés con sede na cidade de Osaka. O actual equipo foi formado coa fusión no ano 2004 dos Orix BlueWave de Kobe, Hyōgo, e os Kintetsu Buffaloes de Osaka. O equipo xoga actualmente na Liga do Pacífico do Nippon Professional Baseball (NPB). O equipo é propiedade do Grupo Orix, unha empresa de servizos financeiros con sede en Toquio.
Tras a fusión dos BlueWave e os Buffaloes en 2005, o novo xogou as súas dúas primeiras temporadas os seus partidos como local un no estadio Hotto Motto Field de Kobe, antigo fogar dos BlueWaves, e outro no Osaka Dome. Posteriormente, desde 2007, o equipo xoga os seus partidos como local en exclusiva no Osaka Dome. O estadio conta con capacidade para 36.146 espectadores. Os Buffaloes posúen catorce títulos da Liga do Pacífico e cinco Series do Xapón (1975, 1976, 1977, 1996 e 2022).
Historia[editar | editar a fonte]
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Takao_Kajimoto1954.jpg/220px-Takao_Kajimoto1954.jpg)
O equipo foi fundado en 1936 co nome de Club de Béisbol Osaka Hankyu (
A mediados da década de 1960, os Bravwes convertéronse nun dos equipos máis poderosos da Liga do Pacífico e do béisbol xaponés en xeral. Entre 1967 e 1972, o equipo gañou o título do Pacífico en cinco ocasións, mais sen éxito nas Series do Xapón, onde perderon sempre ante os Yomiuri Giants. O adestrador dos Braves da época, Yukio Nishimoto, foi coñecido como o "gran maestro da mala sorte" (
Nos anos 1980 o equipo mantivo o seu status, mais foron superados cada ano da década polos Seibu Lions excepto en 1984. O 19 de outubro de 1988, Hankyu anunciou a venda da franquía á compañía Orient Lease (desde 1989 coñecida como Orix). Ese dái foi coñecido como "o máis longo da Liga do Pacífico", xa que, alén da venda, o Braves xogaron o lendario dobre xogo polo título do Pacífico contra os Kintetsu Buffaloes (que finalmente non puideron gañar). A venda, por outra banda, foi toda unha sopresa por varios motivos. Neses anos non era nada habitual que mudase a propiedade dos equipos, e menos que unha grande compañía vendese unha das súas partes. De feito, pensábase que unha compañía tan grande como Hankyu nunca tería necesidade de facer unha venda deste tipo. A venda foi relaizada baixo dúas condicións: o mantemento da franquía en Nishinomiya e que o equipo conservase o nome de Braves. Así, desde 1989 até 1991 o equipo chamouse Orix Braves (オリックス・ブレーブス Orikkusu Burēbusu?) e xogou en Nishiomiya.
En 1991 Orix anuncia o mudanza de nome a Orix BlueWave (オリックス・ブルーウェーブ Orikkusu Burūuēbu?) e o seu traslado a un novo estadio en Kōbe. O movemento sorprendeu aos seus seareiros, mais a proximidade entre as dúas cidades e as melloras do novo campo fixeron a maioría aceptase finalmente o traslado, aínda que mantendo nostalxia polo antigo nome. Coa mudanza de nome, o equipo comezou a ser coñecido ás veces como Aonami ou Seiha (
Nomes[editar | editar a fonte]
Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[2]
- Hankyu (1936−1946)
- Hankyu Braves (1947−1988)
- ORIX Braves (1989−1990)
- ORIX Blue Wave (1991−2004)
- ORIX Buffaloes (2005−presente)
Estadio[editar | editar a fonte]
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Kyocera_Dome_Osaka1.jpg/220px-Kyocera_Dome_Osaka1.jpg)
- Artigo principal: Osaka Dome.
Actualmente, os Orix Buffaloes xogan os seus encontros como local no Osaka Dome. O estadio, inaugurado o 1 de marzo de 2007, ten capacidade para 36.146 espectadores, ampliábeis a 45.000 en caso de concertos. Ao longo dos anos os Orix Buffaloes teñen utilizado os seguintes estadios:
Estadio | Localización | Prefectura | Capacidade | Período | |
---|---|---|---|---|---|
Takarazuka Kyūjō | Takarazuka | ![]() |
32.500 | 1936 | |
Hankyu Nishinomiya Stadium | Nishinomiya | ![]() |
55.000 | 1937−1990 | |
Kōbe Sōgō-Undō-Kōen Yakyūjō | Kobe | ![]() |
35.000 | 1991−2004, 2006 | |
Osaka Dome | Osaka | ![]() |
36.146 | 2005, 2007− |
Xogadores[editar | editar a fonte]
Números hornados[editar | editar a fonte]
Os Orix Buffaloes non teñen retirado ningún dorsal ao longo da súa historia. Porén, desde o ano 2000 ningún xogador leva o dorsal 51 de Ichiro Suzuki. O propio xogador pediu ao adestrador Akira Ōgi en 2005 que levase o seu número, máis este declinou a oferta como homenaxe. Máis tarde, no 2011 o dorsal foi ofrecido a Tomochika Tsuboi, mais este tamén rexeitou a oferta como homenaxe. Desde o retiro de Ichiro en 2009 está pendente de decisión se se retira ou non o dorsal definitivamente.
Xogadores MLB[editar | editar a fonte]
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fa/Cleveland_Indians_vs._New_York_Yankees_%2814623326284%29.jpg/220px-Cleveland_Indians_vs._New_York_Yankees_%2814623326284%29.jpg)
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/OB-Ryan-Vogelsong.jpg/220px-OB-Ryan-Vogelsong.jpg)
País | Xogador | Posición | Temporadas no equipo |
---|---|---|---|
![]() |
Yuniesky Betancourt | Shortstop | 2014 |
![]() |
Cliff Brumbaugh | Outfielder | 2005–2006 |
![]() |
Joey Butler | Outfielder | 2014 |
![]() |
Shigetoshi Hasegawa | Pitcher | 1990–1996 |
![]() |
Yoshihisa Hirano | Pitcher | 2006–2007, 2009–2017 |
![]() |
Masao Kida | Pitcher | 1998, 2000–2001 |
![]() |
Dae-Sung Koo | Pitcher | 2001–2004 |
![]() |
Brad Lesley | Pitcher | 1986–1987 |
![]() |
Troy Neel | Primeira base | 1995–2000 |
![]() |
Chan Ho Park | Pitcher | 2011 |
![]() |
Tuffy Rhodes | Outfielder | 2007–2009 |
![]() |
Daryl Spencer | Segunda base | 1964–1968, 1971–1972 |
![]() |
Ichiro Suzuki | Outfielder | 1992–2000 |
![]() |
So Taguchi | Outfielder | 1992–2001, 2010−2011 |
![]() |
Ryan Vogelsong | Pitcher | 2009 |
Salón da Fama[editar | editar a fonte]
Os seguintes membros dos Orix Buffaloes forman parte do Salón da Fama do báisbol xaponés:
Seleccionados principalmente pola súa labor nos Hankyu Braves:
- Yutaka Fukumoto, CF, 1969–1988 (introducido en 2002)
- Takao Kajimoto, P, 1954–1973 (introducido en 2007)
- Hisashi Yamada, P, 1969–1988 (introducido en 2006)
- Tetsuya Yoneda, P, 1956–1975 (introducido en 2000)
Seleccionados polo seu servizo en outros equipos, así como en Hankyu e Orix:
- Hiromitsu Kadota, DH, 1989–1990 (introducido en 2006)
- Futoshi Nakanishi, Adestrador, 1995–1997 (introducido en 1999)
- Akira Ōgi, Adestrador, 1994–2001, 2005 (introducido en 2004)
- Toshiharu Ueda, Adestrador, 1974–1978, 1981–1990 (introducido en 2003)
Mascotas[editar | editar a fonte]
Até o ano 2010 as mascotas dos Orix Buffaloes eran:
- Neppie (dorsal 111), un rapaz novo con pelo castaño e ollos azuis.
- Ripsea (dorsal 222), unha rapaza nova con pelo rubio e ollos verdes. Alen do cabelo, levaba outros elementos de cor vermella como un pano no pescozo e ocasionalmente unha luva de béisbol.
Desde o ano 2011 as mascotas son:
- Buffalo Bell (dorsal 222), un búfalo femia antropomórfica de cor rosa, co cabelo e os ollos violetas, e cornos dourados. É a irmá de Bull.
- Buffalo Bull (dorsal 111), un búfalo macho antropomorfico de cor vermella con cornos dourados. É o irmao de Bell.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Negro Leaguers in Japan". Black Tokyo (en inglés). 12 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 21 de maio de 2019.
- ↑ "ORIX Buffaloes". NPB.jp.