(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Hibisco - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Hibisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hibiscos (xénero Hibiscus)

Flor do hibisco
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Malvoideae
Tribo: Hibisceae
Xénero: Hibiscus
L., 1753
Especies

Especies de Hibiscus

Sinonimia

Os hibiscos[2] son plantas pertencentes ao xénero Hibiscus , un amplo xénero cunhas 150 especies aceptadas, das máis de 1.000 descritas[3], da familia Malvaceae, típicas de ambientes cálidos, en rexións tropicais e subtropicais.

En Galiza úsanse coma ornamentais.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero inclúe dende plantas herbáceas, anuais ou perennes, até pequenos arbustos e arboriñas. As follas son alternas, simples, de ovadas a lanceoladas, a miúdo coa marxe serrada ou lobulada. As flores son longas, conspicuas, con forma de trompeta, con cinco pétalos, de tons brancos a rosas, vermellos, morados ou amarelos, de 4 a 15 cm de tamaño. O froito é unha cápsula que contén varias sementes en cada lóculo.

Hibisco a amosar parte do xineceo e mais do androceo.

Distribución

[editar | editar a fonte]

É un xénero de zonas temperadas, subtropicais e tropicais de todo o mundo, cunha orixe centrada principalmente no sueste de Asia. Introducido e cultivado dende tempos inmemoriais para usos ornamentais, alimentarios e medicinais.

Moitas especies cultívanse polas súas flores rechamangueiras ou se utilizan coma arbustos en paisaxismo (a especie Hibiscus syriacus, a rosa de Siria, é moi común). Tamén son un ingrediente principal en tés de herbas ou infunsións.

Unha das especies, coñecida coma kenaf (Hibiscus cannabinus) úsase amplamente na elaboración de papel.
A rosa de Xamaica (Hibiscus sabdariffa), úsase coma verdura e para elaborar infusións de herbas e marmeladas (en especial no Caribe). En Latinoamérica, é bastante popular a bebida coñecida coma auga de Xamaica, elaborada a partir dos cálices desta especie. En Exipto e no Sudán utilízanse os pétalos para facer unha infusión chamada carcad

As especies de hibisco son substento de larvas dalgúns lepidópteros, coma Chionodes hibiscella ou Hypercompe hambletoni. Ademais atácana os pulgóns.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 693, polo ano 1753. A especie tipo é Hibiscus syriacus L.[5]

  1. "Hibiscus L.". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. 05-10-2007. Arquivado dende o orixinal o 28-05-2010. Consultado o 16-02-2010. 
  2. Nome vulgar das plantas deste xénero no Dicionario da Real Academia Galega e en Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  3. Hibiscus en The Plant List
  4. Plants for a Future: Hibiscus rosa-sinensis. Arquivado 01 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (accessed 07/05/2009)
  5. "Hibisco". Tropicos.org. Xardín Botánico de Missouri. Consultado o 7 de setembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Fryxell, P. A. 1992. Malvaceae. Fl. Veracruz 68: 1–255.
  2. Molina R., A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  3. Standley, P. C. & J. A. Steyermark 1949. Malvaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - P art VI. Fieldiana, Bot. 24(6): 324–386.
  4. Stevens, W. D., C. Ulloa U., A. Pool & O. M. Montiel 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii, 1–2666.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]