(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Hipótese - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Hipótese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha hipótese é unha proposición que establece relacións entre os feitos; para outros é unha posible solución ó problema; outros sustentan que a hipótese non é máis que unha relación entre as variables, e, por último, hai quen afirma que é un método de comprobación.

  • A hipótese como proposición que establece relación entre os feitos: unha hipótese é o establecemento dun vínculo entre os feitos que o investigador vai aclarando na medida en que poida xerar explicacións lóxicas do por que se produce este vínculo.
  • A hipótese como unha posible solución do problema: a hipótese non é soamente a explicación ou comprensión do vínculo que se establece entre os elementos inmersos nun problema. É tamén a formulación dunha posible solución ó mesmo.
  • A hipótese como relación entre variables (Kerlinger 1985:12): unha expresión das relacións existentes entre dúas ou máis variables. A hipótese formúlase en termos de oración aseverativa, e relaciona, dunha forma xeral ou específica, unha variable con outra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]