(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Human Nature (canción de Michael Jackson) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Human Nature (canción de Michael Jackson)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«Human Nature»
Sinxelo de Michael Jackson
do álbum 'Thriller'
Lanzamento 3 de xullo de 1983
Formato {{{formato}}}
Gravada 1982
Xénero musical Soft rock[1]
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:06 (versión en álbum)
3:47 (7" remix/versión sinxelo)
Discográfica Epic
Produtor(es) Quincy Jones
Escritor(es) Steve Porcaro
John Bettis
Cronoloxía
«"Wanna Be Startin' Somethin'"
(1983)»
«Human Nature» «"P.Y.T. (Pretty Young Thing)"
(1983)»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Human Nature" é un sinxelo do artista estadounidense Michael Jackson. Foi escrito e composto por Steve Porcaro e John Bettis, e producido por Quincy Jones. É o quinto sinxelo do álbum Thriller (1982). Nun princiio, Porcaro gravara unha demo da canción nun casete, que lle foi entregado a Jones.

"Human Nature" foi lanzado o 3 de xullo de 1983, e malia non ser lanzada no Reino Unido, tivo un grande éxito nas listas musicais dos Estados Unidos. Acadou o número 2 na Billboard's Hot Adult Contemporary, e o número 7 na Hot 100. En Nova Zelandia, a canción conseguiu o número 11. A balada xerou unha boa acollida por parte dos críticos musicais. "Human Nature" foi versionada por moitos artistas, como Stevie Wonder, Danny Chan, Schlong, John Mayer, Miles Davis, SWV, Nas e Chris Brown.