"I Will Follow" é unha canción da banda irlandesa de rockU2. É o primeiro tema do seu álbum de estrea, Boy, e foi publicado como o seu segundo sinxelo en outubro de 1980. Bono escribiu as letras de "I Will Follow" como homenaxe á súa nai que morrera cando el tiña 14 anos.
"I Will Follow" é a única canción que U2 tocou en todas as xiras dende que publicaron o seu primeiro álbum. Do tema realizose tamén o primeiro videoclip da banda, dirixido por Meiert Avis en Dublín. A canción foi publicada cinco veces, primeiro en 1981 nun vinilo de 7" en Irlanda, Reino Unido, Australia e Nova Zelandia, despois co mesmo formato nos Estados Unidos e o Canadá, un terceiro nos Países Baixos en 1982 cun tema do October, un cuarto en 1983 cunha versión en directo da canción, e o derradeiro en 2011 cunha versión ao vivo gravada no Glastonbury Festival dese ano.