Idade do Cobre
A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade de Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.
Características
[editar | editar a fonte]O historiador Felipe Senén fai a seguinte periodización[1] para o Calcolítico (ou Idade de Cobre) e a Idade de Bronce, referidos ao noroeste peninsular:
- Calcolíto: 2000 - 1800 a.C.
- Idade de Bronce:
- Inicial: ensaios (1700 - 1200 a.C.)
- Medio: eclosión (1200 - 1000 a.C.)
- Final: difusión (1000 - 500 a.C.)
O bronce é unha aliaxe metálica composta de cobre e estaño e foi o primeiro metal que utilizou o ser humano, dando así comezo á Idade dos Metais. Nesta etapa histórica aparece, pois, a metalurxia, o que provocou unha serie de trocos sociais e culturais.
Durante o calcolítico inicial e medio en Galiza (2500 a.C. — 2200 a.C.) desenvolveuse a etapa precampaniforme. A etapa campaniforme representa o calcolítico final (2200 a.C. — 1800 a.C.).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SENÉN LÓPEZ, F., Historia de Galicia, Ed. ANT, 1991, pp. 21-25