(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Illa de Nikumaroro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Illa de Nikumaroro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla de Nikumaroro
(en) Nikumaroro Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Fénix Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Fénix Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Fénix, Kiribati Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°40′48″S 174°31′01″O / -4.68, -174.517
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2 (ancho) × 6 (lonxitude) km
Superficie4,1 km² Editar o valor en Wikidata

A Illa de Nikumaroro tamén coñecida como Illa Gardner, é un atol de coral localizado ao oeste do océano Pacífico pertencente ao grupo das Illas Fénix, na República de Kiribati.

Características

[editar | editar a fonte]

O atol é remoto e está conformado por dous illotes[1] alongados que case pechan a lagoa interior e que lle dan ao atol unha característica forma triangular, a súa vexetación é profusa e conta cunha lagoa mariña central.

Nikumaroro ten aproximadamente 6 km de lonxitude por menos de 2 km de ancho. Hai dúas entradas angostas a través do bordo do atol, bloqueadas por un arrecife ancho, o cal seca ao baixar a marea. Nas augas de Nikumaroro están presentes 21 xéneros de coral duro, con abundante coral vivo na zona oeste, nalgunhas áreas mesmo superando o 50%.[2]

Orixe e historia

[editar | editar a fonte]

Segundo as lendas tradicionais de Kiribati a illa estivo habitada en tempos remotos, moi influenciada pola cultura samoana[3]. O atol recibiu múltiples nomes durante a primeira metade do século XIX (Kemins, Kemis, Motu Oonga, Motu Oona, María Leticia). O 19 de agosto de 1840 o USS Vincennes, da Expedición de Exploración dos Estados Unidos, confirmou a súa posición e rexistrou a illa co nome de Illa Gardner, nome dado orixinalmente en 1825 por Joshua Coffin, do baleeiro de Nantucket Ganges, probablemente en honra ao seu padrasto, o congresista dos Estados Unidos Gideon Gardner.

En 1856, a illa foi reclamada pola compañía CA Williams & Co., de New London, Connecticut, baixo a Lei de illas de guano, aínda que nunca se atoparon depósitos de guano, e os Estados Unidos renunciaron ao seu reclamo en 1882. En 1892, a illa foi novamente reclamada, esta vez polo buque HMS Curacao, do Reino Unido. Case inmediatamente, outorgóuselle unha licenza ao empresario John T. Arundel para cultivar palmeiras de coco. Alí establecéronse 29 insulares, e construíronse algunhas estruturas con teitos de ferro corrugado, pero unha seca no ano 1893 resultou no abandono do proxecto de explotación.

O 29 de novembro de 1929, os 35 homes que conformaban a tripulación da fragata británica SS Norwich City, desembarcaron no sector noroeste da illa durante unha tormenta. Houbo polo menos 8 vítimas. A tripulación restante acampou preto das estruturas colapsadas do proxecto abandonado de Arundel, e foi rescatada logo de sobrevivir varios días na illa.

O barco naufragado foi un punto prominente no arrecife por setenta anos, aínda que para o ano 2004 só quedaban cascallos pesados espallados, incluíndo a maciza máquina de vapor da nave.

O 1 de decembro de 1938, membros da Expedición Británica de Inspección de Illas do océano Pacífico chegaron para avaliar a illa como unha posible posición xa sexa para aterraxes de hidroavións como para a construción dun aeródromo. O 20 de decembro, chegaron máis oficiais británicos con vinte colonos gilbertenses nunha das últimas expansións coloniais do Imperio Británico. Os esforzos para preparar o terreo para o cultivo de palmeiras de coco víronse contrariados por falta de auga potable. Para xuño de 1939 instaláronse exitosamente algúns pozos. Había 58 colonos gilbertenses na illa, incluíndo a 16 mulleres e 26 nenos.

O primeiro supervisor da illa e o maxistrado foi Teng Koata, cuxa esposa, segundo a lenda local, tivo un encontro coa deusa Manganibuka nunha parte remota da illa. O oficial colonial británico, Gerald Gallagher (1912-1941), estableceu o cuartel xeral do Proxecto de Colonización das Illas Fénix nun pobo localizado no extremo occidental da illa, xusto ao sur da entrada máis grande á lagoa. Deseñáronse anchas rúas de grava coralina e un patio de armas. As estruturas máis importantes eran unha casa administrativa feita de palla, un comisariato con armazón de madeira e unha choza radiodifusora. De 1944 a 1945, un equipo de 25 homes dos Gardacostas dos Estados Unidos estableceu unha estación de navegación LORAN na punta sueste da illa, instalando polo menos unha cabana quonset e algunhas estruturas máis pequenas.

Na década dos ´50, a poboación da illa aumentou a 100 persoas aproximadamente, con todo, a principios dos ´60, secas periódicas e fontes inestables de auga potable provocaron a evacuación en 1963 da maioría dos insulares polos británicos ás Illas Salomón, e para 1965, Nikumaroro estaba oficialmente deshabitada.

Vista de Nukumaroro desde o satélite

En 1971, o Reino Unido concedeu autonomía ás Illas Gilbert, que lograron independencia completa en 1979 como Kiribati. Ese mesmo ano, os Estados Unidos, logo de examinar a illa para a posible experimentación de armas, renunciaron a todos os reclamos sobre a illa Gardner, a cal foi oficialmente renomeada como Nikumaroro, un nome inspirado por lendas gilbertenses que foi usado polos colonos durante as décadas do ´40 e do ´50.

Situación actual

[editar | editar a fonte]

Nikumaroro é visitado esporadicamente por biólogos atraídos polos seus extensos ecosistemas mariños e aviarios. Os visitantes a miúdo mencionan a calor ecuatorial atafegante da illa, o coral filoso como unha navalla, o denso follaxe e caranguexos sumamente agresivos. Varias especies de quenllas e golfiños tursiops foron observadas nas augas circundantes, e unha certa cantidade destas son tóxicas para os humanos durante certas estacións. O océano máis aló do arrecife é moi profundo e o único ancoradoiro está no extremo occidental, a través do arrecife desde as ruínas do pobo, pero é seguro só cando sopran os ventos alisios do sueste. Desembarcar sempre foi difícil e é usualmente realizado ao sur do ancoradoiro.

O Grupo Internacional non lucrativo para a Recuperación Histórica de Aeronaves fixo numerosas expedicións a Nikumaroro durante os anos 90 co propósito darlle valor á hipótese que sostén que en 1937 Amelia Earhart e Fred Noonan aterraron e morreron na illa logo de fracasar en atopar á Illa Howland durante as etapas finais do seu desafortunado Voo Mundial, incluíndo indicios de que Earhart puido sobrevivir por varios meses antes de que grupos británicos de inspección empezasen a chegar en 1938, momento en que ela e Noonan poderon sucumbir ás lesións, a fame ou a enfermidade.

Fortes tormentas en 2002 destruíron a maioría das estruturas restantes en Nikumaroro, aínda que a tumba de Gallagher aínda pode verse no sitio máis alto do pobo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Arthur Dahl Review of the Protected Areas System in Oceania. IUCN Commission on National Parks and Protected Areas, United Nations Environment, 1986, páxina 176
  2. Abigail Alling et. al. Catastrophic Coral Mortality in the Remote Central Pacific Ocean: Kirabati Phoenix Islands. Atoll Research Bulletin 551, 2006
  3. Henry Evans Maude The Story of Karongoa. University of South Pacific, 1991 pp 22-23