Illas Senkaku
Coordenadas: 25°47′53″N 124°03′21″L / 25.79806, -124.05583As illas Senkaku (en xaponés:
Historia
[editar | editar a fonte]Xapón, logo de abolir e anexionarse en 1879 o Reino de Ryukyu (actaumente prefectura de Okinawa), exerceu máis influencia sobre os territorios con que limitada. De feito, despois da vitoria sobre a China na I Guerra Sino-Xaponesa nos anos 1894 e 1895, tomou posesión dos territorios da illa de Taiwán e dos seus arquipélagos adxacentes.
En 1895, Xapón tomou o control das illas Senkaku/Diaoyu alegando o principio do dereito internacional de terra nullius. Baixo a administración nipoa, desde 1895 a 1940, houbo alí unha fábrica de katsuobushi (bonito secado) e establecéronse preto de 200 residentes xaponeses nas illas. Co fin da segunda guerra mundial, as illas pasaron a estar baixo o control dos países aliados, nun tempo en que a China sostiña unha guerra civil. Os Estados Unidos administraron as illas e a súa Armada usou Kuba-jima e Taisho-jima como zonas de manobra militar. En 1971 descubriron a posibilidade de reservas de gas e petróleo e, a continuación, China e Taiwán comezaron a reivindicar o dominio do arquipélago. En 1972 o arquipélago de Okinawa foi devolto ao Xapón e, nese marco, os Estados Unidos cederon tamén ao Xapón a administración das illas Senkaku/Diaoyu.[2]
En 1978, un grupo nacionalista xaponés construíu un faro en Uotsuri Jima, que o goberno nipón tomou baixo o seu control en 2005. Esta construción foi moi contestada polos gobernos de Taiwán e da China.
O día 7 de outubro de 1996, algúns manifestantes colocaron as bandeiras de Taiwán e da República Popular da China na illa principal, pero axiña foron evacuados polos xaponeses e as bandeiras foron retiradas.
En setembro de 2012, o goberno xaponés anunciou a compra, feita por cidadáns xaponeses, de tres das illas, o que provocou novamente reaccións por parte dos outros dous países[3][4]. A Armada chinesa enviou dúas patrulleiras ata preto de 400 metros das illas, é dicir, dentro xa das augas de xurisdición nipoa. O Goberno anunciou que se preparesen para unha posible guerra.[5]
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Área de illa total: 7 km2.
- Poboación: 0.
- Coordenadas: 25° 58' - 25° 41' 45" N, 123° 27' 45" - 124° 41' 30" E
O arquipélago está formado por cinco illas volcánicas:
- Uotsuri shima (
魚釣島 ) ou Diaoyu Dao (釣魚 島本 島 ou主 島 ): 4,319 km2. - Kuba shima (
久場島 ) ou Huangwei Yu (黃尾嶼 "Cola Amarela"): 1,08 km2. - Taishō-by (
大正島 ) ou Chiwei Yu (赤尾嶼 "Cola Vermella"). - Kita Kojima ou Beixiao Dao (
北小島 "Illa do Norte"). - Minami Kojima ou Nanxiao Dao (
南小島 "Illote do Sur").
E tres penedos:
- Okino Kitaiwa (
沖ノ北岩 "Penedo Norte de Mar Aberto"). - Okino Minamiiwa (
沖ノ南岩 "Penedo Sur de Mar Aberto"). - Tobise (
飛瀬 )
As illas están situadas a 140 km do illote Pengjia, de Taiwán, e a 170 km ao norte da illa de Ishigaki, do Xapón.
Diaoyu Dao/Uotsuri Jima, a illa máis grande, ten un gran número de especies endémicas, como Mogera uchidai e as formigas Okinawa-kuro-oo-ari, pero estas especies están ameazadas por cabras domésticas introducidas na illa no ano 1978.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Senkaku/Diaoyutai Islands. En GlobalSecurity.org. Military.[En inglés]
- ↑ Finney, John W. Senate Endorses Okinawa Treaty; Votes 84 to 6 for Island's Return to Japan, New York Times (11 de novembro de 1971). Congressional Research Service Report 96-798 Arquivado 23 de novembro de 2012 en Wayback Machine.. [En inglés]
- ↑ Japão quer nacionalizar ilhas reivindicadas pela China. En Jornal de Notícias. 7 de xullo de 2012. [En portugués]
- ↑ Japão vai comprar ilhas reivindicadas pela China. En Sapo.pt. 5 de setembro de 2012. [En portugués]
- ↑ China envía dos patrulleras a las aguas del archipiélago que disputa a Japón, En El Mundo. 11 de setembro de 2012. [En castelán]