Interferencia
A interferencia é a recepción de dous ou máis sinais de fontes diferentes, isto é, a sobreposición de dúas ou máis ondas no mesmo punto no espazo, formando un novo padrón de onda. O termo reférese, usualmente, para a interferencia de ondas mutuamente coherentes, sexa porque teñen a mesma orixe ou porque teñan frecuencia igual ou semellante. Dúas ondas non monocromáticas serán apenas totalmente coherentes unha coa outra se tiveren exactamente o mesmo espectro de lonxitude de onda e a mesma diferenza de fase en cada unha das lonxitudes de onda que as constitúen.
A interferencia pode ser tanto construtiva como destrutiva, dependendo da fase dos sinais que se atopan. Se as ondas chegan en fase, a sobreposición é construtiva; en oposición de fase, a interferencia será destrutiva, levando á anulación da onda, se as amplitudes foren iguais.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |