(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Isaak Babel - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Isaak Babel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsaak Babel

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Исаак Эммануилович Бабель Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1894 Editar o valor en Wikidata
Odesa (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1940 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
prisión de Butyrka, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDonskoe cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónKyiv National Economic University named after Vadym Hetman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, xornalismo, filme e actividade tradutora Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutor, editor colaborador, correspondente de guerra, militar, director de cinema, prosista, dramaturgo, escritor, xornalista, guionista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1921 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoProsa, conto, sketch story (en) Traducir e obra de teatro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeAntonina Pirožkova Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:1)
Bio-bibliographic Dictionary of 20th-Century Russian Writers (en) Traducir
Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0044871 BNE: XX930448 Dialnet: 1228578 Find a Grave: 8962442 Editar o valor en Wikidata
Isaak Babel (foto da NKVP, 1939)

Isaak Emmanuilovich Babel, en ruso Исаак Бабель, nado en Odesa en 1894 e finado en 1940, foi un xornalista e escritor ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia xudía, sobreviviu ao pogrom de 1905 grazas á axuda dos seus veciños cristiáns que agocharon a súa familia. Malia iso o seu avó foi un dos 300 xudeus mortos.

Debido á influencia dos seus profesores de francés, Babel descubriu a Flaubert e Guy de Maupassant e mesmo escribiu os seus primeiros relatos en francés. En 1915 trasladouse a San Petersburgo onde coñece a Gorki, quen lle publica algúns dos seus relatos na revista literaria Летопись (Letopis), aínda que os censores consideraron pornográfica unha das súas historias, polo que o acusaron de violar o artigo 1001 do código penal.

En 1920, durante a guerra civil rusa, foi asignado como xornalista ao exército de Semyon Budyonny, e foi testemuña da fracasada campaña por levar o comunismo fóra de Rusia: o Exército Vermello chegou até Varsovia, pero axiña tivo que se retirar. Esta experiencia está na base de Cabalería vermella (1924), a descrición das brutalidades da guerra, lonxe do romanticismo revolucionario, e que o levou a enfrontarse con sectores do Partido Comunista. De volta a Odesa escribe historias onde describe a vida do gueto xudeu da cidade, antes e despois da revolución. En 1930 Babel percorre Ucraína, onde queda impresionado pola brutalidade da colectivización. En 1939 as autoridades soviéticas detéñeno acusado de espionaxe, e o 27 de xaneiro de 1940 foi axustizado na prisión de Butyrka.

Logo da morte de Stalin, Babel foi exonerado de todos os cargos contra el.