Ivo Andrić
Ivo Andrić, nado en Dolac o 9 de outubro de 1892 e finado en Belgrado o 13 de marzo de 1975, foi un escritor iugoslavo en serbocroata. Gañou o Premio Nobel de Literatura en 1961.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ivan Andrić naceu preto de Travnik (Bosnia e Hercegovina, entón parte de Austria-Hungría) nunha familia católica de bosníacos croatas de Saraxevo. Comezou a súa educación no instituto desa cidade, continuando os seus estudos en Zagreb, Viena e Cracovia. Debido ás súas actividades políticas as autoridades austríacas detivérono durante a primeira guerra mundial.
Cando se formou o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos ( despois denominado Reino de Iugoslavia), Andrić ocupou diversos postos diplomáticos, incluído o de embaixador en Alemaña (1939-1941), onde tentou impedir o encarceramento de moitos intelectuais polacos, atopando obstáculos do seu propio goberno, polo que presenta a súa dimisión, retirouse a vivir en Belgrado.
Andrić publicou o seu primeiro poema en 1911. O material da súa literatura tómao da historia, folclore e cultura da súa Bosnia natal. Andrić escribiu as súas primeiras obras en lingua croata (30 % da súa obra), pasando despois a escribir en lingua serbia (70 % da súa obra), mentres apoiaba a noción dunha lingua serbocroata, como a maioría dos serbios e croatas contemporáneos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Put Alije Đerzeleza (A viaxe de Alija Đerzelez), 1920.
- Na Drini ćuprija (A ponte sobre o Drina), 1945. Traducido ao galego por Jairo Dorado Cadilla.
- Gospođica (Señorita), 1945.
- Travnička hronika (A crónica de Travnik), 1945.
- Priča o vezirovom slonu (O elefante de Vizier), 1948.