Joseph Mascis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1965 (58 anos) Amherst, Estados Unidos de América |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Universidade de Massachusetts Amherst (pt) Amherst Regional High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, actor de cinema, actor de televisión, actor, cantante, cantautor, produtor de cinema |
Período de actividade | 1982 - |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra e voz |
Páxina web | jmascis.com |
|
J Mascis, nado o 10 de decembro de 1965 en Amherst, Massachusetts, é un músico estadounidense. É coñecido sobre todo por ser o cantante, guitarrista e compositor de Dinosaur Jr., a pesar de traballar ocasionalmente como produtor ou como compositor de música de películas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Amherst, Massachusetts, fillo dun dentista local,[1] medrou na mesma zona coa súa irmá Patty e o seu irmán maior Mike.[2] A súa nai, Theresa, morreu en 1985 mentres que o seu pais, Joseph Sr., morreu en 1993.[3][4]
Mascis converteuse nun fan da música e entusiasta da batería aos 9 anos, e posteriormente uniuse ao conxunto de jazz do colexio como batería.[5]
Aos 17 anos, a principios dos 80, Mascis uniuse á banda hardcore de curta vida Deep Wound, cos amigos do instituto Lou Barlow, Scott Helland e Charlie Nakajima.[4] Comezou tocando a batería, pero cambiou para a guitarra cando fundou o grupo Dinosaur Jr. (co baixista Barlow e o batería Patrick "Murph" Murphy) en 1984 acadando éxito en todo o país.[4] A súa voz foi comparada coa de Neil Young, e os seus riffs de guitarra designados coma "monolíticos".[6] Despois de que Mascis despedise a barlow de Dinosaur Jr. en 1989 gravou varios discos coa banda ata 1997, e tamén un álbum en solitarios acústico titulado Martin + Me en 1996. En 1989 Kurt Cobain suxeriu que Mascis se unise a Nirvana como guitarrista.[7]
Foi batería do proxecto paralelo Upsidedown Cross, unha banda de doom metal de Boston que tamén contaba con Seth Putnam de Anal Cunt, que editou un álbum auto-titulado co selo Taang! Records en 1991. Mascis escribiu temas para a película Gas, Food, Lodging e fixo un cameo na mesma. En 1996 tivo un pequeno papel no filme Grace of my Heart e achegou un par de temas á súa banda sonora. No ano 2000 comezou a traballar nos discos da súa nova banda, J Mascis and the Fog.
En abril do 2005 Mascis reuniuse con Barlow e Murph, o trío orixinal de Dinosaur Jr., para realizar unha xira de celebración da re-edición dos seus primeiros tres álbums. Dende entón lanzaron dous novos traballos: Beyond (2007) e Farm (2009).
No mes de agosto do 2005 Mascis editou un novo traballo en solitrio baixo o nome de J Mascis and Friends, J and Friends Sing and Chant For Amma, un álbum adicado ao líder relixioso hindú Mata Amritanandamayi, sobre o cal anteriormente compuxera a canción "Ammaring", aparecida no primeiro álbum de J Mascis + The Fog More Light. Os beneficios do disco foron doados á organización de Mata Amritanandamayi, que actuou axudando aos damnificados do tsunami do ïndico do ano anterior.
Discografía
[editar | editar a fonte]En solitario
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Several Shades of Why | 2011 | Sub Pop Records |
Tied to a Star | 2014 | Sub Pop Records |
Elastic Days | 2018 | Sub Pop Records |
What Do We Do Now | 2024 | Sub Pop Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lester, Paul (2012-08-03). "J Mascis: 'I never took it that seriously'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-03-08.
- ↑ "Picking Up the Slack". Spin. Consultado o 8 de marzo de 2024.
- ↑ "J Mascis". Exclaim! (en inglés). Consultado o 2024-03-08.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Dinosaur Jr.: Rediscovering the Gnarl". Spin. Consultado o 8 de marzo de 2024.
- ↑ "How a 16-year-old J Mascis from Dinosaur Jr. got into straight-edge and learnt to play anywhere". Loud And Quiet (en inglés). Consultado o 2024-03-08.
- ↑ "J Mascis Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-08.
- ↑ "How J Mascis Almost Joined Nirvana (Twice!) and Built to Spill". Spin. Consultado o 8 de marzo de 2024.