Javier Hermida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de abril de 1968 (56 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | regatista |
Deporte | vela |
Francisco Javier Hermida Freijomil, nado en Ferrol o 8 de abril de 1968, é un ex-regatista galego, que competía nas clases Star e Soling.
Foi subcampión do mundo de Soling de 1997 e subcampión europeo de Star en 1993. Participou nos Xogos Olímpicos de 1996, xunto con José Luis Doreste, conseguindo un sétimo posto e o diploma olímpico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Ferrol, aos 4 anos trasladouse ás Illas Canarias, a onde foi destinado seu pai, mariño de guerra.[1][2] Comezou a practicar vela aos nove anos en Lanzarote e en 1989 disputou o seu primeiro Campionato do Mundo de Star facendo parella co campión olímpico Alejandro Abascal. Anos despois comezou a competir co experimentado José Luis Doreste, cinco veces olímpico e medalla de ouro en Seúl 1988.[1] Foron subcampións europeos en 1993 en Dinamarca e competiron xuntos no Campionato do Mundo de Star entre os anos 1993 e 1996, sendo o seu mellor resultado o sexto posto de 1993.[3] En 1996 participaron nos Xogos Olímpicos de Atlanta, tamén na clase star, rematando no sétimo lugar, obtendo así un diploma olímpico.[4]
En 1997 foi subcampión mundial da clase soling en Copenhague, navegando xunto a Manuel Doreste e José Luis Wood.[5] Ao ano seguinte disputou unha nova edición do Mundial de Star, esta vez xunto a José María van der Ploeg, rematando na sexta praza.
Tras deixar as competicións, converteuse en adestrador, logrando os seus pupilos varios campionatos e subcampionatos de España.[6] En 2014 regresou a Ferrol, onde se puxo á fronte da sección de vela do Club Grupo Bazán.[2]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1997 | Copenhague | Prata | Soling |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
1993 | Skødstrup | Prata | Star |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Viento de oro". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 1996. p. 59.
- ↑ 2,0 2,1 Alonso, Álvaro (13 de xullo de 2015). "Javier Hermida: «Empecé a navegar por curiosidad»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2021.
- ↑ "Resultados do Campionato do Mundo de Star". starclass.org (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2021.
- ↑ "Clase Star nos Xogos Olímpicos de 1996". olympedia.org (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2021.
- ↑ "Manuel Doreste, plata en el Mundial". El País (en castelán). 27 de xullo de 1997. Consultado o 9 de setembro de 2021.
- ↑ "La escuela del Grupo Bazán ficha a un nuevo equipo técnico". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 2014. p. L11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do regatista no sitio web oficial da Federación Internacional de Vela (en inglés).
- Datos do regatista no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).