Johan de Requeixo
Nome orixinal | (gl) Xohán de Requeixo |
---|---|
Biografía | |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Johan de Requeixo (tamén Xohán de Requeixo e Xoán de Requeixo) foi un xograr galego de finais do século XIII. Levan o seu nome un colexio e a biblioteca municipal de Chantada.[1][2]
Existen discrepancias sobre o lugar do seu nacemento, aínda que o seu nome e a súa obra conservada inducen a pensar que naceu na parroquia de Santiago de Requeixo.[3] Antonio Rei Somoza sitúao nunha concesión foral de 1247 que realiza o abade de Oseira ao seu favor.[4] O escritor Xosé Lois García Fernández sostén que era un sacerdote da parroquia de Requeixo.[5]
No 2004, grazas á iniciativa da Asociación Xohán de Requeixo, erixíronse cinco monólitos cos poemas conservados deste poeta medieval.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]É autor de cinco cantigas de amigo, todas cantigas de romería, en torno ao santuario de monte Faro en Chantada.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Novas | CEIP Xoán de Requeixo". Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "CONCELLO DE CHANTADA :: WEB OFICIAL :: Bilbioteca Municipal". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "CONCELLO DE CHANTADA :: WEB OFICIAL :: Historia". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2021. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ Vázquez García, Tania, Johan de Requeixo, xograr esquecido das terras de Asma, Alicerces. Revista de Estudos do Miño Medio, 2, 2017, p. 155. https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/15775
- ↑ Xosé Lois GARCÍA FERNÁNDEZ, Os trobadores das terras de Chantada, Sada, Ediciós do Castro, 2001, p. 44
- ↑ "Cruces, flores y mascarillas para ir a ver a la Virgen a lo alto del monte Faro" (en castelán). 2020-09-08. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-02-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo. Ed.: Comisión organizadora Homenaxe a Xohán de Requeixo (Xosé Méndez López / Xosé Lois García). Barcelona, 2003 (inclúe CD). Campo; Caride; Gómez Alfaro; Mero; Ínsua; Manuel María; Neira Vilas; Novo; Miranda; Otero; Rábade; Rabuñal; Valcárcel; Vázquez Pintor e Villar; García; Cunqueiro; del Caño; Montero; Mini.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.