Jorge Cano
Jorge Cano | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jorge Cano Bermúdez de Castro | ||
Nacemento | 4 de xullo de 1990 (34 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Compostela | ||
Carreira xuvenil | |||
1997–2001 | Montañeros | ||
2001–2009 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2009–2012 | Montañeros | 84 | (13) |
2012–2013 | Fabril | 34 | (4) |
2013–2015 | Cerceda | 77 | (38) |
2015–2018 | Boiro | 105 | (29) |
2018–2022 | Bergantiños | 122 | (21) |
2022– | Compostela | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 10 de xuño de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jorge Cano Bermúdez de Castro, nado na Coruña o 4 de xullo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de interior dereito no Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol aos 7 anos na canteira do Montañeros, ata que en idade alevín ingresou no Deportivo da Coruña.[1] Pasou polas diferentes categorías inferiores do club ata o equipo xuvenil, e en 2009 regresou ao Montañeros, para xogar co primeiro equipo na Segunda División B.
Debutou na categoría de bronce do fútbol español na xornada 5 da tempada 2009/10, da man do adestrador José Ramón ante o Eibar en Ipurua. Marcou o seu primeiro gol na seguinte xornada, contra o Barakaldo, e a partir de entón comezou a ser habitual no once titular do equipo. Militou durante tres tempadas no Montañeros, disputando 84 partidos e sumando 13 goles, ata que ao remate da tempada 2011/12 o club descendeu e prescindiu do seu equipo sénior.
Na pretempada 2012/13 anunciouse a súa volta ao Deportivo da Coruña, para militar no seu filial, o Fabril, na Terceira División.[2] Militou unha soa tempada no equipo adestrado por José Luis Devesa, disputando 32 partidos de liga e 2 máis da frustrada promoción de ascenso.
En 2013 fichou polo Cerceda, da mesma categoría. Durante a súa primeira tempada, o equipo dirixido por José Luis Lemos rematou subcampión do grupo I, mentres que Jorge Cano foi o máximo goleador do grupo, con 24 goles, 3 máis que o segundo, Curra.[3] Disputou a promoción de ascenso e marcou un gol ante o Tenerife B, pero o equipo caeu na primeira eliminatoria. Na seguinte campaña sumou 13 goles e volveu xogar a promoción de ascenso, perdendo de novo na primeira rolda, desta vez ante a SD Logroñés.
En 2015 recalou no Boiro, no que militou durante as seguintes tres tempadas. Na primeira delas o equipo logrou o ascenso á Segunda División B como campión e Jorge Cano foi elixido mellor xogador do Grupo I Terceira División.[4] Xa na terceira categoría, o equipo logrou a permanencia no campo, pero foi descendido administrativamente por motivos económicos. Cano pechou o seu paso polo club ao remate da tempada 2017/18, despois de 114 partidos e 32 goles.
Entre 2018 e 2022 xogou no Bergantiños, logrando na súa terceira campaña o ascenso á Segunda División RFEF. En decembro de 2019 foi titular no histórico partido de Copa do Rei contra o Sevilla en Riazor. Dous anos despois, tamén na Copa do Rei, marcoulle un gol ao Rayo Vallecano, da Primeira División, nun partido disputado nas Eiroas.[5] Acumulou un total de 135 encontros co club de Carballo, nos que marcou 24 tantos.
En xullo de 2022 foi anunciado como novo xogador do Compostela, tamén da Segunda RFEF.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fariña, Jacobo (23 de novembro de 2012). "Jorge Cano: «El del Dépor era un tren que no podía dejar pasar»" (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ "El Fabril recupera a Jorge Cano, un centrocampista que procede del Montañeros formado en el Dépor" (en castelán). 11 de xullo de 2012. Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ Espiño, Diego (3 de xullo de 2014). "Pablo Couñago y Cano en la órbita del Pontevedra; Lloves, muy cerca de volver". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ Antelo, Iván (25 de maio de 2016). "Jorge Cano, el mejor de Tercera". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ Martín, Maite (15 de decembro de 2021). "La pegada del Rayo tumba a un Bergantiños que mereció más". As (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2022.
- ↑ "Jorge Cano, reforzo para a parcela ofensiva do Compos procedente do Bergantiños". DxT Campeón. 25 de xullo de 2022. Consultado o 2 de agosto de 2022.