(Translated by https://www.hiragana.jp/)
José Araújo Pérez (político) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

José Araújo Pérez (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Araújo Pérez
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Araújo Pérez Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1247

José Araújo Pérez, nado en Vigo en 1903 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do canteiro e construtor socialista José Araújo Pérez. Perito industrial e aparellador. Logo da morte do seu pai en 1929, encargouse da dirección da construtora.[1] Militante das JSU. Foi candidato do PSOE por Pontevedra ás eleccións de novembro de 1933, pero non resultou elixido. Pertenceu ao Comité Revolucionario de Vigo durante a revolución de outubro de 1934.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar o 13 de outubro,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Vigo con Delmiro Faro Pregal, Teodoro Barros Barros, Antero González González e José Barcia Barcia, ás 16:30 horas do 21 de outubro de 1936, nas inmediacións do Castelo do Castro,[3] rexistrándose a morte a causa de profusa hemorraxia interna. En xullo de 1940 abríronlle expediente por responsabilidades políticas.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María del Pilar Alonso Villiato en decembro de 1930.[5]

  1. El Pueblo Gallego, 5-9-1929, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 12-10-1936, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 22-10-1936, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 4-6-1940, p. 6.
  5. El Pueblo Gallego, 23-12-1930, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]