(Translated by https://www.hiragana.jp/)
José Luis Méndez García - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

José Luis Méndez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis Méndez García
Nome orixinal(es) José Méndez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de maio de 1937 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor en Wikidata
Deporteremo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1960rowing at the 1960 Summer Olympics – men's coxed four (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

José Luis Méndez García, nado en Pontevedra o 9 de maio de 1937 e finado o 8 de xaneiro de 2021,[1] foi un remeiro e adestrador galego, que competiu nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
A cidade de Vigo ós seus atletas.[2]

Foi remeiro do Real Club Náutico de Vigo e en 1960, despois de proclamarse campión de España no Lago de Banyoles, foi seleccionado para disputar os Xogos Olímpicos de Roma.[3] Participou na proba de catro con temoneiro, celebrada no Lago Albano, xunto aos seus compañeiros do Náutico Franco Cobas, Emilio García Bengoechea e Alberto Valtierra, con Armando González como temoneiro. Remataron de últimos tanto na súa manga dos cuartos de final, como na da repesca, sendo o ouro para o Equipo Alemán Unificado.[4]

Despois dos Xogos, viviu durante anos en Francia, onde continuou practicando remo. Posteriormente foi adestrador no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, na selección española de remo, e en numerosos clubs como o Liceo Marítimo de Bouzas, a SD Samertolaméu, a SD Tirán, o SC Caminhense ou o Club de Mar de Castropol.[5] Ademais foi preparador da selección de remo de Venezuela para os Xogos Suramericanos de 1970 e o xefe do equipo español de remo nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, onde tamén trasportou a lapa olímpica. Foi cofundador e profesor da Escola de Adestradores da Federación Española de Remo, vicepresidente da propia Federación e cofundador da Asociación de Galegos Olímpicos.[5]

En 1974 fundou o Club Remo do Miño de Tui, do que foi presidente, adestrador, delegado, e ata a súa morte, presidente honorífico.[6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2013 foi galardoado pola Xunta de Galicia coa Distinción ao Mérito Deportivo, pola súa promoción e fomento da educación física en Galicia.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]