(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Juhani Aho - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Juhani Aho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuhani Aho

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Lapinlahti, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Morte8 de agosto de 1921 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteDifteria Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAhola (en) Traducir (1897–1911) Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Helsinki
Kuopio Lyceum High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , novelista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1883 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor en Wikidata
MovementoNaturalismo Editar o valor en Wikidata
Influencias
LinguaLingua finesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeVenny Soldan-Brofeldt
ParellaTilly Soldan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosHeikki Aho (pt) Traducir
 () Venny Soldan-Brofeldt (pt) Traducir
Antti Aho (en) Traducir
 () Venny Soldan-Brofeldt (pt) Traducir
Björn Soldan (en) Traducir
 () Tilly Soldan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0014251 BNE: XX5713445 Musicbrainz: e17a352e-be3d-4850-9723-f16939a70ec8 Editar o valor en Wikidata

Johannes Brofeldt, coñecido como Juhani Aho, nado en Lapinlahti o 11 de setembro de 1861 e finado en Helsinqui o 8 de agosto de 1921, foi un escritor finlandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Escribiu numerosos relatos e novelas. Comezou a escribir en sueco no seus anos de instituto, pero por influencia de Runeberg traduciunos ao finlandés, lingua que adoptará como propia. Durante os seus anos na Universidade estivo moi vencellado ao círculo literario formado arredor da nai de Arvid Järnefelt, que deu orixe ao grupo coñecido como Nuori Suomi (Nova Finlandia).

  • Rautatie (O ferrocaril) foi a primeira novela de Aho, editada en 1884, contando nun estilo realista e humorístico a primeira viaxe en tren dunha parella de vellos campesiños.
  • Papin tytär (A filla do crego), 1885, historia da iniciación á vida dunha rapaza nova.
  • Helsinkiin (Cara a Helsinqui), 1889, relato nun ton máis realista e comprometido centrado na vida dos estudantes.
  • Yksin (So), 1890, que describe o namoramento dun home maduro cunha rapaza nova, a separación e a fuxida ao París que era a capital cultural europea de finais do século XIX.
  • Papin rouva (A dona do crego), 1893, continuación de Papin tytär
  • Panu, 1897, novela histórica
  • Kevät ja takatalvi (Primavera e inverno serodio) 1906, a máis erótica das súas obras
  • Juha 1911