(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Julian Barnes - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Julian Barnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulian Barnes

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Leicester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónMagdalen College
City of London School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, crítico literario, escritor de ciencia ficción, ensaísta, tradutor, novelista, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoSátira e Ficción detectivesca Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioDan Kavanagh Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxePat Kavanagh (1979–2008) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Barnes, Julian, 1946-,
Medvik >>>:Kavanagh, Dan, 1946-, Editar o valor en Wikidata
Páxina webjulianbarnes.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0055658 Allocine: 83230 Allmovie: p315662
BNE: XX938271 Bitraga: 1715 Dialnet: 21789 Musicbrainz: 43ba8080-03da-48c4-9fc6-8b2387665400 Discogs: 1480513 Editar o valor en Wikidata

Julian Patrick Barnes, nado en Leicester o 19 de xaneiro de 1946, é un escritor contemporáneo inglés. As súas novelas e relatos foron vistos como exemplos de literatura posmoderna.

Gañou o Premio Booker - un dos máis prestixiosos en lingua inglesa- no ano 2011 por The Sense of An Ending e foi tres veces finalista dese mesmo premio con Flaubert's Parrot (1984), England, England (1998), e Arthur & George (2005).

Arthur & George (2005), The Sense of An Ending (2011) e The Noise of Time (2018) foron verquidas a galego e publicadas en Rinoceronte Editora: Arthur e George (2006), O sentido dun final (2012), O ruído do tempo (2020). As dúas primeiras foron traducidas por Xesús Fraga e última por Moisés Barcia.

É autor de novela policial baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de estudar na City of London School e no Magdalen College de Oxford, traballou como lexicógrafo para o Oxford English Dictionary. Con posterioridade, traballou como editor literario e crítico de cine.

Vive coa súa muller nas aforas de Londres, onde agora se dedica a escribir a tempo completo. O seu irmán, Jonathan Barnes é un filósofo especializado en filosofía antiga.

A súa axente literaria é Pat Kavanagh, que tamén fixo durante certo tempo de axente do seu amigo de outrora Martin Amis.

A última novela publicada por Barnes, The Only Story, saíu do prelo o 1 de febreiro de 2018.

A listaxe completa de obras ofrécese a seguir. A menos que se especifique o contrario deben considerarse novelas.

Obras baixo o pseudónimo de Dan Kavanagh

[editar | editar a fonte]
  • Duffy (1980)
  • Fiddle City (1981)
  • Putting the Boot In (1985)
  • Going to the Dogs (1987)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]