Karl Kautsky
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1854 Praga, República Checa |
Morte | 17 de outubro de 1938 (84 anos) Ámsterdam, Países Baixos |
Lugar de sepultura | Westerveld (en) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Viena Akademisches Gymnasium (mul) Ginásio de Abadia de Melk (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía, historia, filosofía, política e Marxismo |
Ocupación | político, economista, filósofo, xornalista |
Partido político | Partido Socialdemócrata de Alemaña Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Familia | Kautsky (pt) |
Cónxuxe | Luise Kautsky |
Fillos | Felix Kautsky, Karl Kautsky, Benedikt Kautsky, Sophie Kautsky |
Pais | Johann Kautsky e Minna Kautsky |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Каутский Карл) Enciclopedia de Otto Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Karl Kautsky, nado en Praga o 18 de outubro de 1854 e finado en Ámsterdan o 17 de outubro de 1938, foi un filósofo e político checo-alemán, un dos principais teóricos do marxismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kautsky estudou historia e filosofía na Universidade de Viena en 1874, e se tornou membro do Partido Socialdemócrata de Austria (SPÖ) en 1875. De 1885 a 1890, viviu en Londres, onde se converteu en amigo de Friedrich Engels. En 1891 redactou o Programa de Erfurt do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) canda August Bebel e Eduard Bernstein.
Após a morte de Friedrich Engels en 1895, Kautsky foi un dos máis importantes e influentes teóricos do socialismo. Máis tarde, no entanto, derivou cara a unha posición centrista no interior da socialdemocracia alemá, cando Rosa Luxemburg e a esquerda do partido se disgregaron en 1916 debido ó apoio do partido á participación de Alemaña na primeira guerra mundial. Porén, non alentou esta posición patriótica até a fin da guerra. En 1917 Kautsky abandonou o SPD, cando se afiliou ó Partido Socialdemócrata Independente de Alemaña (USPD), regresando ó SPD en 1922.
En 1882 Kautsky fundou a revista Neue Zeit ("Tempo Novo"), da que foi o editor até 1917.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karl Kautsky |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Kautsky Internet Archive (en inglés).
- Archivo Karl Kautsky (en castelán).
- Karl Kautsky (en portugués).