Ceos
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | ||||
Periferias | Exeo Meridional | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.455 (2011) (18,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 131,693 km² | ||||
Bañado por | Mar Exeo | ||||
Altitude | 560 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 840 02 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | kea.gr |
Ceos, tamén coñecida como Kea e Gia (grego Κέα
Trátase da illa máis próxima ao Ática de todo o conglomerado das Cícladas (aproximadamente, unha hora en barco desde Laurión; dista 20 km do Cabo Sunión e 60 km de Atenas cara ao sueste. O seu clima é árido e o terreo está infestado de outeiros.
Características
[editar | editar a fonte]A capital, Yulis, está no interior, a grande altitude (como a maioría de asentamentos históricos cicládicos, por medo aos piratas).
Considérase bastante pintoresca. Outras cidades importantes de Ceos son Corisia (o porto) e Vurkari (un pobo de pescadores).
Tras sufrir o despoboamento durante décadas, Ceos foi redescuberta hai pouco polos habitantes de Atenas para os fins de semana e para viaxes en iate.
A poboación en 1991 era de apenas 1.797 habitantes, sendo a súa densidade inferior á media da prefectura e de Grecia. Ceos ten 19 km de longo, de norte a sur, e 9 km de ancho de leste para oeste. A súa superficie é de 128 km², sendo a súa cota máis alta de 560 ou 570 msnm.
Ao norte da illa está a cidade de Vurkarion Otsias. O extremo sur é o cabo Tamelos e o norte é o San Nicolás (Av. Nikolaos). Ao nordés está o cabo Spathi, e ao oeste o cabo Iakroprounda. A illa de Makronisos, ao noroeste pertence ao municipio de Ceos. É importante na illa o mosteiro de Panayia Kastriani a 7 km de Otsias nunha roca da costa nordés, que toma o nome do monte Kastri, e ten dúas igrexas, unha do século XVIII e unha de moderna (dedicada a Santa María). É importante o museo arqueolóxico.
A capital é Kea, uns km ao interior da parte noroccidental, e que antigamente se chamou Iulis. Alí naceron os poetas líricos Baquílides e Simónides, o sofista Pródico, o médico Erasístrato e o filósofo peripatético Aristón. O mosteiro de Agia Anna e Dafni, en Iulis, hoxe en ruínas, foi construído por San Filothei para protexer ás mulleres de Atenas dos turcos.
Localízase nela un asentamento da Idade de Bronce, chamado Áyia Irini (Lassithi), que alcanzou o seu punto álxido nas épocas tardominoica e micénica temperá (1600-1400 a.C.)
O municipio ou prefectura inclúe a illa de Makronisos ao Noroeste, así como un par de liñas de ferri e de cargueiros.
Historia
[editar | editar a fonte]A lenda di que o seu nome primitivo foi Hidrusa. Antes da época histórica estableceuse alí unha colonia de Naupacto e despois foi habitada polos xonios. A illa combateu á beira de Atenas nas batallas de Artemisio e Salamina.
A illa tiña catro cidades: Iulis, Cartea, Coresia, e Poesa, pero as dúas últimas desapareceron e xa non existían en tempos de Estrabón.
Quedan algúns restos da antiga Iulis, entre eles un león colosal (Lionda) ao leste da cidade, a 1,5 km. As leis de Iulis foron proverbialmente consideradas como sinónimo de institucións excelentes, e estaban relacionadas coa moral e o xeito de vivir dos cidadáns (unha delas, conservada, di que cada cidadán maior de 60 anos habíase de matar envelenado; outras son mencionadas por Heráclides e Ateneo).
O seu porto chamábase Coresia, á beira do arroio Elixos, e tiña un templo dedicado a Apolo Esminteo; hoxe é unha cidade moderna que se chama Corisia.
Cartea estaba na costa sueste, e quedan ruínas na vila chamada Stais Polais.
Poesa estaba na costa suroeste e tamén se conservan as súas ruínas; está próxima á moderna Kavia.
Foi aliada de Atenas no século -V, pero logo abandonou a alianza. As minas da illa foron confiscadas por Atenas. Desde entón, estivo en contra de Atenas. En -360, as cidades da illa, que aínda eran 4, formaron unha federación, que subsistiu durante uns séculos.
Durante o período helenístico estivo en mans de tiranos e cara ao final do século -III, caeu en mans da dinastía tolemaica. Máis tarde pasou aos etolios, macedonios (século -II) e a Rodas (despois do -168) e finalmente con esta a Roma.
No século IV, Cartea foi destruída por un terremoto, que ademais afundiu a economía insular, xa danada pola crise imperial.
Durante o período bizantino construíronse bastantes igrexas, e a prosperidade da illa creceu. En 1204, á caída de Constantinopla, o metropolitano de Atenas, Michel Akominatos, refuxiouse na illa, no mosteiro de Prodomos, onde permaneceu ata a súa morte. Ceos foi bizantina ata o 1204, en que foi capturada polos venecianos no comezo da Cuarta Cruzada. Os bizantinos recuperárona en 1278. En 1296 caeu de novo en mans venecianas, e o señor veneciano Michelis construíu un castelo na antiga acrópole de Yulis. O porto converteuse en refuxio de piratas e ao redor de 1470 apenas había 200 habitantes na illa.
Ceos foi ocupada polos turcos en 1527. Os turcos nunca se asentaron na illa, pero a repoboaron con albaneses a finais do século XVI. Durante este período, a illa atraeu a moitas das personalidades, relixiosas e intelectuais, que desexaban pasar desapercibidas. Coa illa practicamente libre de turcos, era un bo lugar de residencia. Pero en 1668 os turcos destruíron a illa porque se aliñou cos venecianos. Con todo, aos habitantes concedéronselles máis tarde dereitos significativos, e ao final dese século a poboación alcanzaba os 3.000 habitantes. Entón chamóuselle a miúdo Tzia.
En 1770 e ata 1774, foi ocupada por Rusia, que destruíu algúns monumentos. Durante a guerra entre Rusia e Turquía de 1787 a 1792, Lambros Katsonis usou o porto como base de operacións contra os turcos; estes fixeron un masacre na illa e o bispo foi colgado.
En 1821, o bispo local, Nikothimos Roussos, chamou á rebelión e o sacerdote Athanasios Homatianos dirixiuna. A chegada de dúas mil refuxiados salvados das matanzas de Quíos, levou unha epidemia e San Haralambos, supostamente salvou a illa desta praga en 1823 e foi feito patrón. En 1830 foi recoñecida parte de Grecia.
En 1835, fundouse Kea, no lugar da antiga Iulis. En 1837, a illa tiña uns 3.000 habitantes. O seu produto principal no século XIX era a gla chamada de Valonia (Quercus Aegilops), que era exportada en grandes cantidades. En 1927 Ioannis Gleoudis construíu a primeira industria en Corisia. Nos anos 70 algúns artistas descubriron a illa, que atraía o turismo dos atenienses. Hoxe día a súa riqueza principal é o turismo, aínda pouco desenvolvido
Poboación histórica
[editar | editar a fonte]Ano | Poboación comunal | Cambio | Poboación da illa | Cambio | Densidade |
---|---|---|---|---|---|
1991 | - | - | 1,797 | - | 13.93/km² |
O censo de 2001 reflectía unha poboación de 2.417 habitantes.
Comunidades
[editar | editar a fonte]O nome non está transcrito ao galego segundo as normas habituais de transcrición, senón transliterado do grego moderno.
- Chavouna.
- Ellinika Kea.
- Kato Meria.
- Ioulis.
- Kea.
- Korissia.
- Koundouros, Grecia.
- Otzias.
- Pisses.
- Vourkari.
Galería
[editar | editar a fonte]-
O famoso león de Ceos en 1826.
-
O león de Ceos, desde outro ángulo (1826).
-
Vista desde o satélite
-
Vista de Ioulis
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ceos |