(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Kendo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Kendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Combate de kendo.
Kendo na escola agrícola aredor do 1920

O kendō (剣道けんどう) é un gendai budō, unha arte marcial xaponesa, no que se utiliza unha armadura (bōgu) e un sabre de bambú (shinai). O nome provén do ken: sabre e : camiño, vía.

As súas orixes derivan do kenjutsu, arte marcial que se realizaba con catana, o sabre xaponés. Debido a cantidade de accidentes que se producían e a que o uso de armas de fogo comezaba a estenderse, a disciplina derivou cara a unha forma de adestramento incruento. A invención do shinai atribúese a Kamiizumi Hidetsuna, e consta de catro láminas de bambú que se manteñen xuntas mediante distintas pezas de pel.

Dise que o bōgu, ou armadura, foi inventado polo mestre Nakanishi Chuzo de Edo en 1750. As diferentes partes que o compoñen sufriron constantes modificacións a partir da armadura de guerra tradicional da época feudal ata a primeira parte do século XIX, para chegar ó uniforme forte e altamente refinado que se utiliza na práctica do kendō moderno.

Kendo, "O camiño da espada" expresa a esencia das artes da loita xaponesas. Dende o primeiro goberno samurai no Xapón, durante o período Kamakura (1185-1233), esgrimir a espada, xunto coa equitación e o tiro con arco, foron a busca principal dos clans militares. Neste período, o kendo desenvolveuse baixo unha forte influencia do budismo zen. O samurai podía equiparar a indiferenza pola súa propia vida no fragor da batalla, o cal era considerado necesario para a vitoria nos combates individuais, co concepto budista da natureza ilusoria da distinción entre vida e morte. Dende ese tempo moitos guerreiros foron ilustrados a través da práctica do kendo. Aqueles espadachíns estableceron escolas de adestramento do kendo que continuaron durante séculos, e cuxa forma básica de kendo practicase hoxe. Os nomes das escolas reflicten a esencia da ilustración do fundador. Desta maneira Itto-Ryu (escola da espada única) indica a ilustración do fundador que todos os cortes coa espada emanaban e estaban contidos nun corte esencial orixinal. A Muto (escola sen espada) expresaba a comprensión do fundador Yamaoka Tesshu, que dicía "Non hai espada fóra da mente" así mesmo expresaba o entendemento de que a esencia do kendo transcendía o proceso de pensamento reflexivo.

Os exercicios formais de kendo que se deixaron nalgún momento moitos séculos atrás son estudados hoxe usando espadas de madeira na forma de 'kata'. Nos adestramentos e nos combates úsanse espadas de bambú e sólidas armaduras. Así pois hoxe en día é posible embarcarse na busca da ilustración espiritual seguida polo samurai de antano. Conceptos como o Mushin ou 'mente baleira' tan expresados expoñentes do zen son a esencia do logro dos altos niveis do kendo. Fudoshin ou 'mente impasible' son conceptos atribuídos á deidade Fudo Myo-O (Acala), un dos cinco 'reis da luz' no budismo shingon, implica que as barreiras non poden ser arrastradas pola desilusión da furia, dúbida, medo e sorpresa presentadas polas accións do opoñente.

No 1920, Dai Nippon Butoku Kai (だい日本にっぽん武徳ぶとくかい, promotora da fundación xaponesa de artes marciais) cambiou o nome de Gekiken (撃剣げっけん, espada golpeadora) por Kendo

Graduacións

[editar | editar a fonte]

O nivel dun practicante de kendo mídese, como noutras artes, por medio de graduacións. Existen seis kyu (sexto kyu sendo o máis baixo e primeiro kyu o máis alto) e dez dan, o primeiro dan o shodan é o máis baixo e o máis alto que se pode alcanzar por medio de exames é o oitavo dan o hachidan. O exame de oitavo dan é o exame máis esixente de todos no Xapón, apróbao xeralmente menos dun por cento dos aspirantes (é aínda mais difícil que o exame estatal para converterse en avogado, considerado o máis duro do país).

Os graos do noveno e décimo dan son usados para premiar ou honrar adicionalmente a unha vida de contribución con e para o kendo como arte.

Se ben os kyu exhíbense por medio de cintos de cores en moitas artes marciais (e os dan con cinto negro), en kendo non hai signos visibles que delaten o grao da persoa. Na súa filosofía a graduación non ten importancia: o relevante é o kendo que o practicante fai.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.