(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Khublai Khan - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Khublai Khan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Modelo:BiografíaKhublai Khan

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(mis) ᠬᠦᠪᠢᠯᠠᠢ
(mis) Хубилай Editar o valor en Wikidata
Nome de templo Editar o valor en Wikidata
Nome póstumoᠰᠡᠴᠡᠨ ᠬᠠᠭᠠᠠᠨ, Сэцэн хаан e 聖德せいとく神功じんぐう文武ふみたけ皇帝こうてい Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1215 Editar o valor en Wikidata
Imperio Mongol Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1294 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Khanbaliq (Dinastía Yuan) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBurkhan Khaldun (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador da China Dinastía Yuan
18 de decembro de 1271 – 18 de febreiro de 1294 (finado no cargo)
← Emperor Bing of Song (en) Traducir, Emperor Gong of Song (en) TraducirTemur Cã (pt) Traducir →
Gran Khan Imperio Mongol
5 de maio de 1260 – 18 de febreiro de 1294 (finado no cargo)
← MongkeTemur Cã (pt) Traducir →
Khan (título)
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónBudismo tibetano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militargeneral de exército (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaBorjigin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeChabi (1270–1294)
Tëgülun
Bayaujin Khatun
Khökhlun Khatan
Qoruchin Khatun
Nuhan
Nambui
Talahai khatun
Sugedasi Editar o valor en Wikidata
FillosShilin
 ()
Qoridai
 () Qoruchin Khatun
Tamachi
 () Nambui
Kuokuochu
 ()
Hutulu Temür
 ()
Bantu
 ()
Asudai
 ()
Boyalun
 ()
Khökhechi
 ()
Dorj
 () Chabi
Zhenjin
 () Chabi
Togoon
 () Bayaujin Khatun
Ayachi
 () Bayaujin Khatun
Nomugan
 () Chabi
Mangala
 () Chabi
Wanze
 ()
Wuluzhen
 ()
Yuelun
 ()
Shireki
 () Mongke
Yuelie
 ()
Nangjiazhen
 ()
Chzhuan Muvan Khou
 ()
Auruyvci
 () Editar o valor en Wikidata
PaisTolui Editar o valor en Wikidata  e Sorkaktani Editar o valor en Wikidata
IrmánsDumugan
Yesubuhua
Mongke
Hulagu Khan
Xuebietai
Suigedu
Moge
Bochuo
Hududu
Ariq Böke Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хубилай)
Enciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Tolui-1

Khublai Khan, nado o 23 de setembro de 1215 e finado en Cambalique o 18 de febreiro de 1294, foi un emperador mongol, fundador da dinastía Yuan. Foi o segundo fillo do emperador mongol Tolui e neto de Xenxis Khan. Sucedeu o seu irmán Mongke nun xa fragmentado Imperio Mongol.

Ascenso ao poder

[editar | editar a fonte]

Admirador da cultura chinesa, nos seus primeiros anos de actividade política foi gobernador dos territorios surorientais do imperio mongol. O seu bo goberno concitoulle a adhesión dos señores da guerra chineses.

En 1253 atacou Yunnan e destruíu o reino de Dali. Mongke púxoo á fronte do exército do Leste.

En 1258, cando atacaba Wuhan, recibiu a noticia de que Möngke falecera; ao principio continuou coas operacións bélicas pero, cando soubo que o seu irmán máis novo Arik Boke convocara un kurultai na capital imperial do Karakorum para proclamarse Gran Khan, retornou a Mongolia. Reuniu un kurultai paralelo que o proclamou a el Gran Khan e desatou hostilidades contra Arik Boke, o que tivo como resultado a destrución do Karakorum e o seu recoñecemento como o único líder dos mongois, incluído o prestixioso caudillo Hulagu Khan que tamén se opuxera a Arik Boke.

Aproveitando a guerra civil, a etnia han rebelouse pero foi esmagada por Khublai, que sempre gardaría unha gran desconfianza ante os cabaleiros Han.

Goberno e conquistas

[editar | editar a fonte]

Dono do poder, o seu control efectivo abranguía Mongolia, Tartaria, Tíbet e a práctica totalidade da China onde fundou a dinastía Yuan.

Procurou limitar o poder dos señores feudais nomeando 12 gobernadores provinciais, 8 dos cales eran de relixión islámica e centralizando as funcións imperiais en Dadu, actual Beijing. A súa residencia de verán estableceuna en Xanadú.

En 1279, tras seis anos de guerra, rematou co que quedaba da dinastía Song, completando a conquista da gran China.

Considerouse a si mesmo un novo emperador chinés, un auténtico Fillo do Ceo, sucesor natural das anteriores 22 dinastías, levando unha fastuosa vida palaciana.

Promoveu o crecemento económico e comercial (papel moeda), favoreceu as letras, realizou grandes obras públicas, como a Gran Canle e estradas que comunicaban os seus vastos dominios, plantou milleiros de árbores ao longo das rotas dos mercadores, viaxeiros e correos imperiais. O seu intento de conciliar as tradicións mongois coa cultura chinesa tiveron resultados desiguais, en especial polas exencións fiscais de que gozaban os mongois. Fixo gala de tolerancia relixiosa (budismo, confucianismo, islam,cristianismo na súa vertente de nestorianismo) e recibiu a cristiáns latinos como o comerciante Marco Polo. Unha excepción foi o taoísmo.

Os seus dous intentos por conquistar Xapón, en 1274 e 1281, comportaron a construción dunhas frotas colosais pero mal preparadas, que se afundiron no océano, vítimas da improvisación e as treboadas. Esta foi a primeira gran derrota dos exércitos mongois en Oriente.

Os seus avances cara ao sur tamén fracasaron en Vietnam; o seu dominio sobre Indochina e Indonesia foi superficial.

Vítima da doenza da gota, Kublai foi o primeiro Gran Khan de vida esencialmente sedentaria. Tivo catro esposas oficiais que lle deron 22 fillos, pero a morte da súa muller favorita e do seu herdeiro sumiuno nunha depresión que apurou o final dos seus días.