(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Klondaik - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Klondaik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Klondaik
Ficha técnica
Título orixinalКлондайк
DirectorMaryna Er Gorbach
ProdutorMaryna Er Gorbach
Sviatoslav Bulakovskyi
Mehmet Bahadir Er
GuiónMaryna Er Gorbach
IntérpretesOxana Cherkashyna
Sergey Shadrin
Oleg Scherbina
Oleg Shevchuk
Artur Aramyan
Evgenij Efremov
MúsicaZviad Mgebrishvili
FotografíaSviatoslav Bulakovskyi
MontaxeMaryna Er Gorbach
EstudioKedr Film
Protim Video Production
TRT
EstreaSundance: 21 de xaneiro de 2022
OrixeUcraína Ucraína
Turquía Turquía
Orzamento25 960 000 ₴[1]
Na rede
IMDB: tt16315948 Editar o valor en Wikidata

Klondaik (en ucraíno: Клондайк) é un filme ucraíno de 2022 escrito, dirixido e editado por Maryna Er Gorbach. Está protagonizado por Oxana Cherkashyna como muller embarazada que vive preto da fronteira entre Ucraína e Rusia durante a guerra ruso-ucraína e o derrubo do voo 17 de Malaysia Airlines. Klondaik estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2022, onde gañou o premio "World Cinema Dramatic Competition" á mellor dirección.[2] No Festival Internacional de Cinema de Berlín, quedou no segundo posto na categoría Panorama Audience.[3] Este filme foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Unha familia ucraína está atrapada no centro do derrubamento do MH17. A acción ten lugar o 17 de xullo de 2014 na vila de Grabove, na rexión de Donetsk, preto da fronteira rusa.[4] Os protagonistas, Irina e Anatoly están esperando o seu primeiro fillo, mentres a guerra ocupa brutalmente as súas vidas xunto cos restos do Boeing derrubado. A muller négase a evacuar, mesmo cando a aldea é ocupada por grupos armados.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Oksana Cherkashina como Irka
  • Serhiy Shadrin como Tolik
  • Oleg Shcherbina como Yurik, irmán máis novo de Irka
  1. "Клондайк. Тизер" [Klondike]. Dzyga MDB (en ruso). 26 de febreiro de 2022. Consultado o 26 de febreiro de 2022. 
  2. Lodge, Guy (29 de xaneiro de 2022). "'Klondike' Review: Harrowing Drama Braids Marital and Political Warfare on the Russian-Ukrainian Border". Variety.com. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  3. Frost, Caroline (19 de febreiro de 2022). "Berlinale: 'Baqyt' and 'Aşk, Mark ve Ölüm' Win Panorama Audience Prizes". Deadline. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  4. "Klondike" (en inglés). Consultado o 2022-03-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]