(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Kodak - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Kodak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eastman Kodak Company

Kodak Retina II, fabricada dende 1937 ata 1939.
TipoPrivada
Fundación1888
LocalizaciónRochester, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorGeorge Eastman
Henry A. Clark
Henry A. Strong
IndustriaEquipos e subministracións fotográficos e ópticos
Na rede
https://www.kodak.com/ e https://www.kodakmoments.com/
Facebook: kodak Twitter: kodak Instagram: kodak LinkedIn: eastman-kodak Youtube: UC8T6uG9qaM4xW4GbiXetuJw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eastman Kodak Company é unha compañía multinacional dedicada ao deseño, produción e comercialización de equipamento fotográfico. A actual empresa ten a súa antecedente na Eastman Dry Plate Company fundada polo inventor George Eastman e o home de negocios Henry Strong en 1881.

Ten a súa sede na cidade de Rochester, no estado de Nova York, nos Estados Unidos.

Orixes do nome

[editar | editar a fonte]

A elección da palabra Kodak como nome da compañía parece ter a súa xustificación en motivos puramente comerciais, xa que resulta de fácil pronunciación en todos os idiomas. George Eastman falou sempre de que tomara esta palabra da linguaxe dos nenos pequenos, tamén hai unha segunda hipótese que di que eran as dúas sílabas, dous sons da súa primeira cámara.

O seu grande éxito comercial foi a introdución no mercado do carrete de papel no ano 1888, o que provocou a substitución das placas de cristal empregadas ata o momento, así como o lanzamento no mesmo ano da cámara Kodak 100 Vista, que utilizaba carretes de 100 fotos circulares e para cuxa campaña de promoción se acuñou a frase "Vostede aperta o botón, nós facemos o resto". Posteriormente, lanzou o carrete de celuloide que terminou por empregar unha protección que permitía a súa extracción e colocación baixo a luz solar.

Outras cámaras famosas foron a Kodak Brownie e a Kodak Instamatic.

Ademais das súas cámaras a Kodak veu sendo unha das grandes subministradoras de película fotográfica para os sectores afeccionados e profesionais. Na actualidade, tras un período de crise económica, decidiu reorientar o seu negocio cara á fotografía dixital, o que xerou dúbidas acerca de se manterá a produción de cámaras tradicionais, película fotográfica e demais produtos.

Logo de perder unha batalla pola patente da fotografía instantánea coa Polaroid, Kodak abandonou o mercado das cámaras instantáneas no ano 1986.

Kodak segue sendo ata o día de hoxe o maior provedor de películas fotográficas no mundo tanto para os afeccionados como para profesionais e o mercado do cine. A compañía tamén se diversificou noutros tipos de imaxes relacionadas con diferentes industrias (como películas de imaxes médicas, comercializados por Carestream Health).

Cámaras dixitais

[editar | editar a fonte]

Moitas das primeiras cámaras dixitais de Kodak deseñáronse e foron construídas por Chinon Industries, un fabricante xaponés de cámaras. No ano 2004, Kodak adquiriu Chinon Xapón e moitos dos seus enxeñeiros e deseñadores uníronse a Kodak Xapón. En xullo de 2006 Kodak anunciou que a empresa Flextronics axudaría en fabricación e na tarefa de deseño das súas cámaras dixitais.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]