(Translated by https://www.hiragana.jp/)
DS-A1 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

DS-A1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kosmos 11»)

DS-A1 foi un tipo de satélite artificial da Unión Soviética. Foron desenvolvidos pola oficina de deseño de Yuzhnoye como satélites para facer diferentes probas e experimentos no espazo.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O satélites DS-A1 tiñan unha masa de 250 kg e estaban formados polo bus DS, que contiña os experimentos e instrumentos hermeticamente selados. Alimentábanse mediante baterías, situadas dentro da cápsula xunto cos instrumentos. Lanzáronse un total de sete satélites DS-A1, catro dos cales chegaron a órbita, pasando a denominarse Kosmos 11, Kosmos 17, Kosmos 53 e Kosmos 70. Todos foron lanzados mediante foguetes Kosmos 63S1 desde o cosmódromo de Kapustin Yar e probaron tanto técnicas de comunicación e navegación como fixeron medicións da magnetosfera terrestre, os raios cósmicos e a radiación de probas nucleares.[1][2]

Satélites

[editar | editar a fonte]

Kosmos 11

[editar | editar a fonte]

Foi lanzado o 20 de outubro de 1962. Levaba a bordo experimentos militares para probar métodos de comunicación e navegación para as forzas nucleares soviéticas, máis tarde usados nos satélites Uragan. Fixo medicións de raios cósmicos e da radiación de probas nucleares. Reentrou na atmosfera o 18 de maio de 1964.[1][2]

Kosmos 17

[editar | editar a fonte]

Foi lanzado o 22 de maio de 1963. Mesma misión e obxectivo que Kosmos 11. Reentrou na atmosfera o 2 de xuño de 1965.[1][2]

Kosmos 53

[editar | editar a fonte]

Foi lanzado o 30 de xaneiro de 1965. Mesma misión e obxectivo que Kosmos 11 e 17. Reentrou na atmosfera o 12 de agosto de 1966.[1][2]

Kosmos 70

[editar | editar a fonte]

Foi lanzado o 2 de xullo de 1965. Mesma misión e obxectivo que Kosmos 11, 17 e 53. Reentrou na atmosfera o 18 de decembro de 1966.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "DS-A1" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "DS-A1" (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]