Kurt Vile
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1980 (44 anos) Lansdowne, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Penn Wood High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | cantautor, artista discográfico, Cantante de rock, cantante, guitarrista, compositor |
Período de actividade | 2003 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock e música tradicional |
Instrumento | Guitarra, voz e Banjo |
Selo discográfico | Secretly Canadian |
Familia | |
Irmáns | Sam Vile |
Páxina web | kurtvile.com |
Kurt Samuel Vile, nado o 3 de xaneiro de 1980,[1] é un cantante, compositor, multiinstrumentista e produtor musical estadounidense. É coñecido polo seu traballo en solitario e como antigo guitarrista da banda de rock The War on Drugs. Tanto no estudio como en vivo Vile está acompañado pola súa banda de apoio, The Violators, que no presente está formada por Jesse Trbovich (guitar, saxophone), Rob Laakso (guitar, bass, teclados), Kyle Spence (batería) e Adam Langellotti (baixo).
Influenciado por Pavement, John Prine, Neil Young, Tom Petty, Dinosaur Jr., e John Fahey,[2] Vile comezou a súa carreira musical creando gravacións caseiras lo-fi co colaborador habitual Adam Granduciel en Filadelfia, co cal participou nos primeiros traballos de The War on Drugs e en varios proxectos en solitario. Centrándose na súa carreira en solitario, Vile publicou dous álbums, Constant Hitmaker (2008) e God Is Saying This to You... (2009), recompilando varias gravacións caseiras de 2003. Vile asinou con Matador Records en 2009 e lanzou o seu terceiro álbum, Childish Prodigy, ese mesmo ano. O disco foi o seu primeiro gravado nun estudio e coa participación total de The Violators.
En 2011 Vile publicou o seu cuarto álbum de estudio, Smoke Ring for My Halo, que incrementou significativamente a súa exposición. O seu quinto álbum de estudio, Wakin on a Pretty Daze, foi lanzado en 2013 con Laakso substituíndo a Granduciel na banda de apoio. En 2015 Vile publicou o seu sexto álbum, B'lieve I'm Goin Down.... O sinxelo proncipal dese disco, "Pretty Pimpin", foi a canción de Vile que mellor funcionou ata a data, chegando ao número 1 da lista Billboard Adult Alternative Songs en marzo de 2016. O seu lanzamento de 2017, Lotta Sea Lice, é unha colaboración coa cantante e guitarrista australiana Courtney Barnett. En 2018 publicou o seu oitavo álbum de estudio, Bottle It In, seguido por un EP con influencias country, Speed, Sound, Lonely KV, en 2020.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Fly May 2013 by The Fly - Issuu". issuu.com (en inglés). Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "Questions of doom with Kurt Vile". Bad Vibes. 2011-07-11. Archived from the original on 11 de xullo de 2011. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "News: Listen to Kurt Vile Sing “How Lucky” with John Prine, “Speed, Sound, Lonely KV” EP Out 10/2". New Noise Magazine (en inglés). 2020-09-28. Consultado o 2022-06-20.