La Vanguardia
La Vanguardia | |
---|---|
Primeiro número de La Vanguardia. | |
Tipo | Xornal diario |
Fundación | 1 de febreiro de 1881 |
Editorial | La Vanguardia Ediciones, SL |
Lingua | Castelán e catalán |
Localidade | Barcelona |
ISSN | 1133-4835 |
Na rede | |
http://www.lavanguardia.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Vanguardia, coñecido como La Vanguardia Española entre 1939 e 1978, é un diario matinal de información xeral editado en Barcelona para toda España. É publicado en dúas edicións paralelas: castelán e catalán.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Publicou a súa primeira edición o 1 de febreiro de 1881, feito que o converte nun dos xornais máis antigos de España.
Segundo os datos do estudo da Oficina de Xustificación da Difusión (OXD), entre xullo de 2007 e xuño de 2008 tivo unha tirada media de 246.170 exemplares diarios, e unha difusión media de 205.504 exemplares diarios.
Pertence ao Grupo Godó e ideoloxicamente está considerado un xornal de centro político catalanista e monárquico. Conta con correspondentes propios nas principais cidades de todo o mundo.
No ano 2010 ten un prezo de 1,20 euros de luns a sábado, e de 2,20 euros os domingos, día en que inclúe diversos suplementos temáticos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Vanguardia, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.