(Translated by https://www.hiragana.jp/)
La testa perduta di Damasceno Monteiro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

La testa perduta di Damasceno Monteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La testa perduta di Damasceno Monteiro
Título orixinalLa testa perduta di Damasceno Monteiro
Autor/aAntonio Tabucchi
OrixeItalia
Linguaitaliano
Xénero(s)Novela policial, suspense
EditorialFeltrinelli
Data de pub.1997
ISBNISBN
editar datos en Wikidata ]

La testa perduta di Damasceno Monteiro é unha novela en lingua italiana de Antonio Tabucchi, publicada en 1997.

Nun parque público de Porto o xitano Manolo descobre un cadáver decapitado. Firmino, un xornalista mozo dun periódico de Lisboa, é enviado á cidade do Douro para investigar o crime, e vai falar co avogado Mello Sequeira. Descobre que un sarxento da Guarda Nacional trafica con heroína procedente de Hong Kong e que distribúe nunha discoteca súa. Damasceno Monteiro traballaba na empresa que utilizaba o sarxento como tapadeira, e decidiuse a roubarlle a droga, polo que o sarxento o mata na comisaría logo de torturalo.

O avogado consegue unha testemuña e denuncian ao sarxento, pero queda libre por falta de probas. Porén, tempo despois coñece outra testemuña, polo que solicita a reapertura do caso.