Lago de Aiguebelette
Coordenadas: 45°33′N 5°47′L / 45.550, -5.783
O lago de Aiguebelette é un lago natural de orixe glaciar situado en Francia, no departamento de Savoia, rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado a unha altitude de 373 msnm, ten unha lonxitude de 2,8 km, unha achura de 3,8 km e unha profundidade máxima de 71 m.
O seu volume de auga é de 166 millóns de m3.
Na parte sur do lago hai dúas illas, rodeadas de xunqueiras.
Lago de propiedade privada
[editar | editar a fonte]O lago de Aiguebelette é un lago privado, propiedade da familia Rivérieulx de Chambost de Lépin e de Electricité de France, que confiaron a súa xestión á "Comunidade das Comunas de Lac d'Aiguebelette".
Protección
[editar | editar a fonte]Co fin de preservar a calidade das súas augas e do seu medio, as embarcacións a motor están prohibidas no lago desde a publicación dun decreto de 1967.[1]
Reserva de auga doce
[editar | editar a fonte]Este lago é a primeira reserva natural rexional de auga doce de Francia, desde marzo de 2015.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Syndicat mixte de l'Avant-Pays savoyard, «Écotourisme au lac d'Aiguebelette». Consultado o 8 de marzo 2022.
- ↑ Région Rhône-Alpes, «La Région en Assemblée plénière le 6 mars 2015 (communiqué de presse)», en rhonealpes.fr. Consultado o 8 de marzo 2022.