(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Lara Méndez - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lara Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLara Méndez

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Lara Méndez López Editar o valor en Wikidata
17 de setembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Männedorf, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Lugo
13 de xuño de 2015 – 12 de xaneiro de 2024
← Xosé Clemente López OrozcoPaula Alvarellos → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lugo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Lara Méndez López, nada en Männedorf (Suíza) o 17 de setembro de 1972,[1] é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeira Técnica Agrícola. Impartiu cursos de formación a traballadores e emprendedores. Foi Secretaria das Xuventudes Socialistas de Cervo e dende 2003 tamén concelleira nesa localidade, sendo cabeza de lista en 2007 e 2011. Nesas dúas últimas convocatorias foi elixida deputada provincial e Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, baixo o goberno de Xosé Ramón Gómez Besteiro.

Nas eleccións municipais de 2015 foi a número dous da lista do PSdeG-PSOE ao concello de Lugo, con vistas a se-la candidata socialista á presidencia da Deputación, mais os grupos de esquerda negáronse a converter en alcalde o anterior alcalde, Xosé López Orozco, por mor da súa imputación en varias causas.[2][3] Este renunciou á alcaldía e á súa acta de concelleiro, polo que pasou a ser cabeza de lista do partido e foi elixida alcaldesa cos apoios da marea Lugonovo, BNG e Esquerda Unida,[4] sendo a primeira muller en ocupar este cargo e gobernando en minoría.

No ano 2019, presentouse por vez primeira como candidata á alcaldía, logrou manter os apoios (8 concelleiros) e revalidou o cargo de alcaldesa grazas a un pacto co BNG, establecendo un goberno en coalición. Tralo Congreso Nacional do PSdeG de decembro de 2021 foi elixida Vicesecretaria Xeral da Executiva encabezada por Valentín González Formoso.

En xaneiro de 2024 deixou o cargo de alcaldesa e a acta de concelleira para se presentar ás eleccións de 2024 ao Parlamento de Galicia[5] e saíu elixida deputada por Lugo.[6]

  1. "Biografía na web da Deputación de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2015. 
  2. Seijo, Pepe; Pontevedra, Silvia R. (3 de febreiro de 2021). "La Audiencia de Lugo desimputa a Orozco y Besteiro y archiva el ‘caso Garañón’". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2024. 
  3. "La renuncia del alcalde socialista de Lugo, Xosé López Orozco, desbloquea un posible pacto para un gobierno de izquierdas en la ciudad". galiciadigital.com (en castelán). 11 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2024. 
  4. Seijo, Pepe (23 de xullo de 2018). "Orozco afirma que “siempre” estará en política, aunque renuncia a volver a “un cargo institucional”". cadenaser.com. Consultado o 12 de xaneiro de 2024. 
  5. Redacción (12 de xaneiro de 2024). "Lara Méndez deixa oficialmente a Alcaldía de Lugo: "Marcho orgullosa"". Nós Diario. Consultado o 12 de xaneiro de 2024. 
  6. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Xosé López Orozco
 
Alcaldesa de Lugo
 
2015 - 2024
Sucesor:
Paula Alvarellos
Predecesor:
Pablo Arangüena
 
Vicesecretaria Xeral do PSdeG-PSOE
 
2021 - actualidade
Sucesor:
no cargo