(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Branqueo de capital - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Branqueo de capital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lavado de cartos»)

O branqueo de capital[1] (tamén coñecido como lavado de cartos, lavado de capitais, lavado de activos ou lexitimación de capitais) é unha operación que consiste en facer que os fondos ou activos obtidos a través de actividades ilícitas aparezan como o froito de actividades legais e circulen sen problema no sistema financeiro. O branqueo de capitais comeza coa comisión dun acto delituoso de tipo grave (a obtención de beneficios ilegais nos mercados financeiros ou outros sectores económicos). O branqueo de capitais é un delito autónomo que non require dunha condena xudicial previa pola comisión da actividade delituosa pola que se orixinaron os fondos.[2]

Clases de diñeiro negro

[editar | editar a fonte]
  • Diñeiro negro en sentido estrito: é aquel que procede de actividades ilegais (roubo, malversación de fondos, tráfico de drogas, tráfico de armas, prostitución ou contrabando). Non pode ser declarado á facenda pública porque suporía unha confesión do delito en cuestión.
  • Diñeiro negro no senso amplo (tamén chamado en ocasións diñeiro sucio): é todo diñeiro que non sexa declarado, sexa cal for o motivo. O caso máis frecuente é a evasión de impostos.

Como produto da evasión de impostos, o diñeiro negro pode supor un problema para o seu propietario, posto que é un indicio claro dun posible delito fiscal, e debe tratar de ocultar á facenda pública a súa existencia (evitando, por exemplo, as entidades bancarias e gastándoo en bens que non deixen rastro fiscal).

Como produto de actividades ilegais, o diñeiro negro pode ser un indicio de devanditas actividades (a persoa ten unha riqueza que non pode explicar). Nestes casos, ó procedemento mediante o cal o diñeiro negro faise pasar por diñeiro obtido legalmente denomínaselle branqueo de capitais (lavado de diñeiro), e o seu obxectivo é facer que ese diñeiro tribute e figure oficialmente como procedente dunha actividade lícita.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Branqueo.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 23 de xullo de 2018.