Lealismo do Ulster
Aparencia
Lealismo do Ulster refírese a unha ideoloxía que se opón á unificación da illa de Irlanda nun só estado. Os seguidores do lealismo son case todos protestantes nativos de Irlanda do Norte, rexión constituída por seis condados da provincia histórica irlandesa do Ulster. Segundo algunhas fontes, o lealismo é un parte dunha ideoloxía maior, o unionismo, coa distinción de que se trata dun fenómeno político prevalente nas clases obreiras e que pretende utilizar métodos máis violentos para lograr os mesmos fins que o anterior. Outros analistas din que a diferenza non é tan sinxela, posto que o lealismo expresaría o desexo dos protestantes do Ulster de formar unha patria independente, sen unirse a Irlanda, nin a Gran Bretaña.