(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Leptosol - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Leptosol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución de leptosois

Un leptosol é, na Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo, un tipo de solo de grosor inferior a 25 cm, limitado en profundidade por rocha continua, ou tamén outros solos pedrentos (menos do 20% de terra fina nos 75 cm superficiais). 

Os leptosois ocupan aproximadamente 1.700 millóns de hectáreas da superficie terrestre, desde os trópicos ata as rexións polares, e desde o nivel do mar ata os picos máis altos. Son especialmente frecuentes en zonas de montaña, de Asia, América do Sur, norte do Canadá e Alasca, así como dos desertos do Sáhara e de Arabia.

En Galicia son moi frecuentes, e aparecen asociados a procesos de erosión recentes, sobre todo en zonas de maior altitude, en cumios e nos bordos das abas con forte pendente, e sobre materiais xeolóxicos de escasa velocidade de alteración (como granitos, cuarcitas, xistos...).

Os leptosois son en principio pouco atractivos para cultivos agrícolas que precisen solos húmidos, polas súas pobres cualidades á hora de reter auga.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]