(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Lión - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLión
Lyon (fr)
Lugdunum (la) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoLugdunum Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°45′32″N 4°50′29″L / 45.7589, 4.8414
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
Colectividade territorial francesa cun status especialmetrópole de Lión Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación522.250 (2021) Editar o valor en Wikidata (10.909,76 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921573 Traducir
Q3551055 Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie47,87 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Ródano, Río Saona e Tête d'Or Lake (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude173 m-160 m-312 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
1310Siege of Lyon (en) Traducir
8 de agosto de 1793Revolta lionesa contra a Convenção (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataGrégory Doucet (2020–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal69001, 69002, 69003, 69004, 69005, 69006, 69007, 69008 e 69009 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina weblyon.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: villedelyon Twitter: villedelyon Instagram: villedelyon LinkedIn: ville-de-lyon Youtube: UCy9dUfcCpT9mdFr4bkRK9vw BNE: XX453492 Editar o valor en Wikidata

Lión[1] (en francés: Lyon, francoprovenzal: Liyon), é a terceira cidade máis grande e a segunda área urbana máis grande de Francia. Está situado na confluencia dos ríos Ródano e Saona, a uns 470 km ao sueste de París, 320 km ao norte de Marsella e 56 km ao nordés de Saint-Étienne.

A cidade de Lión propiamente dita tiña unha poboación de 516.092 en 2017 dentro do seu pequeno territorio municipal de 48 km²,[2] pero xunto coa súa contorna e suburbios a área metropolitana de Lión tiña unha poboación de 2.323.221 ese mesmo ano a segunda máis poboada de Francia. Lión e 58 municipios suburbanos forman desde 2015 a Metrópole de Lión, unha autoridade metropolitana elixida directamente que agora se encarga da maioría das cuestións urbanas, cunha poboación de 1.385.927 habitantes en 2017.[3] Lión é a prefectura darexión de Auvernia-Ródano-Alpes e sede do Consello departamental de Ródano (cuxa xurisdición, con todo, xa non se estende sobre a Metrópole de Lión desde 2015).

Antiga capital das Galias na época do Imperio Romano, Lión é a sede dun arcebispado Arquidiocese Católica Romana de Lión cuxo titular leva o título de Primado das Galias. Lión converteuse nun importante centro económico durante o Renacemento. A cidade é recoñecida pola súa cociña e gastronomía, así como polos monumentos históricos e arquitectónicos, como tales, os distritos de Lión vello, Fourvière, Presqu'île e as ladeiras da Croix-Rousse están inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. Lión foi historicamente unha zona importante para a produción e tecido de seda. Lión xogou un papel importante na historia do cine, é onde Auguste e Louis Lumière inventaron o cinematógrafo. Tamén é coñecida polo seu festival de luces, a Fête des Lumières, que comeza cada 8 de decembro e dura catro días, o que lle valeu a Lión o título de "Capital das Luces".

Econmicamente, Lión é un centro importante para a banca, así como para as industrias química, farmacéutica e biotecnolóxica. A cidade contén unha importante industria de software con especial atención aos videoxogos, nos últimos anos impulsou un crecente sector de start-ups locais.[4] Lión acolle a sede internacional da Interpol, a Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro, así como de Euronews. Segundo a Globalization and World Rankings Research Institute, Lión considérase unha cidade beta, desde 2018.[5] Ocupou o segundo lugar en Francia e o 40 a nivel mundial na clasificacións de habitabilidade de Mercer en 2019.[6]

Foi fundada no 43 a.C. polos romanos coa designación de Lugdunum, era a capital da provincia da Galia. Cidade importante pola forte presenza de industrias e universidades. Aquí realizáronse dous concilios ecuménicos da Igrexa católica: Lión I (1245) e Lión II (1274).

En tempos de Francisco I, nos anos 1535, concedeuse unha licenza a dous comerciantes, Étienne Turquet e Barthélemy Naris, para desenvolver unha sedería en Lión. En 1540, este mesmo rei concede o monopolio da produción de seda francesa a esta cidade.

Educación

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lionés.
  2. Téléchargement du fichier d'ensemble des populations légales en 2017, INSEE
  3. "Intercommunalité-Métropole de Métropole de Lyon (200046977)". INSEE. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  4. "Lyon entrepreneurship, Lyon company, Invest Lyon – Greater Lyon". Business.greaterlyon.com. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2010. Consultado o 3 de abril de 2011. 
  5. "GaWC - The World According to GaWC 2018". www.lboro.ac.uk. 
  6. "Quality of Living City Ranking | Mercer". mobilityexchange.mercer.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.