Lingua romanche
Romanche Reto-romance | ||
---|---|---|
Falado en: | Suíza, Austria, Italia | |
Rexións: | Cantón de Grisóns | |
Total de falantes: | 35.000 | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Retorrománica Romanche | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Suíza | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | rm
| |
ISO 639-2: | roh | |
ISO 639-3: | roh
| |
SIL: | RHE
| |
Mapa | ||
Áreas de Suíza onde se fala a lingua romanche (verde escuro). | ||
Status | ||
A lingua romanche[2] é unha lingua romance falada no cantón suízo de Grisóns. Está emparentada con outras linguas que se falan en Italia, Suíza e Francia. Os cinco dialectos retorrománicos máis falados son sursilvan, sutsilvan, surmiran, puter e vallader. Puter e vallader, en ocasións, considéranse un só subgrupo: romanche ladino.
É falada por arredor dunhas 35.000 persoas como lingua materna e por outras 40.000 como segunda lingua. A maioría dos falantes tamén utilizan o alemán. É unha lingua considerada en risco de extinción, falada por menos do 1% dos 7,4 millóns de habitantes da Suíza. É a lingua oficial menos falada do país e sofre as consecuencias da concorrencia co alemán, falado maioritariamente pola poboación en xeral.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro rexistro escrito da lingua romanche data de 1552, na forma dunha lición de catecismo chamada Christiauna fuorma, rexistrada por Jacob Bifrun no dialecto Engadino. Unha tradución en romanche do Novo Testamento publicouse en 1560.
O romanche non foi considerado unha lingua oficial da Suíza ata 1938. O cantón de Grisóns, maior reduto do romanche, é o único considerado trilingüe da Suíza, pois aló fálanse tamén o alemán e o italiano. Os falantes do idioma son obrigados a aprender tamén o alemán, tanto o (alemán) estándar como o dialecto suízo alemán local (alemánico), para ter acceso aos mellores empregos e á maioría das institucións federais no país.
Ortografía
[editar | editar a fonte]A ortografía do romanche foi unificada, a partir das diferentes variedades, polo lingüista Heirich Schmid en 1982. Esa tentativa tentaba facilitar a comunicación entre os falantes do Baixo Engadino (Vallader), Alto Engadino (Puter), Sobremirano (Surmiran), Subselvano (Sutsilvan) e Sobreselvano (Sursilvan), cada cal coa súa propia norma ortográfica, e fornecer un carácter de unidade ao romanche. Esa nova escrita chámase Rumantsch Grischun, e hai controversia sobre o seu papel no ensino.[3] Algúns dialectos son tan diferentes que dous falantes de variedades do romanche poden preferir falar alemán para se comunicar.
Dialectos
[editar | editar a fonte]O romanche non é unha lingua única, senón un conxunto de dialectos pertencente á póla retorrománica das linguas romanas. As súas linguas parentes máis próximas son o ladino, falado na rexión do Trentino-Tirol do Sur e o friulano, falado no Friuli-Veneza Giulia, no norte da Italia.
A diferenza entre as variedades de romanche está presentada nas frases abaixo, que significan "a raposa (o golpe) estaba famenta de novo":
Romanche oficial:
La vulp era puspè ina giada fomentada.
Baixo Engadino:
La vuolp d'eira darcheu üna jada fomantada.
Alto Engadino:
La vuolp d'eira darcho üna vuota famanteda.
Sobremirano:
La golp era puspe eneda famantada.
Subselvano:
La gualp eara puspe egn'eada fumantada.
Sobreselvano:
L'uolp era puspei inagada fomentada.
A distancia xeográfica e as condicións topolóxicas das rexións na Suíza nas que se fala o romanche, sumadas a factores socioeconómicos, foron responsábeis da fragmentación da lingua ao longo dos séculos. As diferentes ortografías son exemplos desa división dialectal.
Comparación de Léxico entre os distintos dialectos
[editar | editar a fonte]Galego | Surselvisch | Sutselvisch | Surmeirisch | Puter | Vallader | Rumantsch Grischun | Latín |
---|---|---|---|---|---|---|---|
ouro | aur | or | or | or | or,aur,ar | aur | aurum |
duro | dir | dir | deir | dür | dür | dir | dur |
ollo | egl | îl | îgl | ögl | ögl | egl | oculus |
livián | lev | leav | lev | liger | leiv | lev | levis |
tres | treis | tres | treis | trais | trais | trais | tres |
neve | neiv | nev | neiv | naiv | naiv | naiv | niveus |
roda | roda | roda | roda | rouda | rouda | roda | rota |
queixo | caschiel | caschiel | caschiel | chaschöl | chaschöl | chaschiel | caseus |
casa | casa | tgeasa | tgesa | chesa | chasa | chasa | casa |
can | tgaun | tgàn | tgang | chaun | chan | chaun | canis |
perna | comba | tgomba | tgomma | chamma | chomma | chomma | gamba |
galiña | gaglina | gagliegna | gagligna | gillina | giallina | giaglina | gallus |
gato | gat | giat | giat | giat | giat | giat | cattus |
todo | tut | tut | tot | tuot | tuot | tut | totus |
forma | fuorma | furma | furma | fuorma | fuorma | furma | forma |
eu | jeu | jou | ja | eau | eu | jau | ego |
Fonoloxía
[editar | editar a fonte]As consoantes do romanche oficial (Rumantsch Grischun) están representadas no cadro abaixo:
Bilabiais | Labiodentais | Dentais e alveolares | Alvéolo-palatais | Postalveolares | Palatais | Velares | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Oclusivas | p b | t d | k g | ||||
Africadas | ts | tɕ dʑ | tʃ | ||||
Nasais | m | n | ɲ | ŋ | |||
Fricativas | f v | s z | ʃ ʒ | ||||
Aproximantes | r | j | |||||
Laterais | l | ʎ |
Vogais
[editar | editar a fonte]Os fonemas vogais do romanche son os seguintes:
Simple | Frontais | Posteriores |
---|---|---|
Altas | i | u |
Medias-altas | ə | |
Medias-baixas | ɛ | ɔ |
Baixas | a |
Gramática
[editar | editar a fonte]Como na maioría das demais linguas neolatinas, o romanche presenta dous xéneros (masculino e feminino) e dous números (singular e plural). O plural fórmase en xeral engadindo un -s á palabra no singular.
As palabras masculinas terminan xeralmente en consoante e as femininas en a. Os artigos definidos son como se segue:
il turist - o turista
la turista - a turista
Antes de vogal, os artigos tanto masculino como feminino sofren elisión e tórnanse l':
l'ami - o amigo
l'amía - a amiga
Os artigos plurais son ils para o masculino e las para o feminino.
ils amis
las amias
Os artigos indefinidos son in para o masculino e ina para o feminino.
in curs - un curso
ina scola - unha escola
Non hai artigos indefinidos plurais.
Pronomes
[editar | editar a fonte]jau - eu
ti - tu (vostede)
el/ella - el/ela
nus - nós
vus - vós (vocés)
els/ellas - eles/elas
Morfoloxía verbal
[editar | editar a fonte]Aquí están as marcas morfolóxicas do presente do indicativo dos verbos do primeiro grupo da variante subselvana do romanche.
Singular
1. -el
2. as
3. a
Plural
1. -ein
2. -ais
3. -an
Exemplo: cumprar, comprar
Jau | cumpr-el | Nus | cumpr-ein |
Ti | cumpr-as | Vus | cumpr-ais |
Il | cumpr-a | Ils | cumpr-an |
Frases comúns en romanche
[editar | editar a fonte]Allegra - Ola
Co vai? - Como vai?
Fa plaschair - É un pracer coñecelo(a)
Bun di - Bo día
Buna saira - Boa serán/tarde/noite (cando se chega)
Buna notg - Boa noite (despedida)
A revair - Adeus, chao
A pli tard - Ata logo
I ma displascha - Descúlpeme
Perdunai - Con permiso
Per plaschair - Por favor
Grazia fitg - Moitas grazas
Anzi - De nada
Gratulazions - Parabéns
Bun cletg - Boa sorte
Ils quants è oz? - Que día é hoxe?
Quants onns has ti? - Cantos anos tes?
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para romanche.
- ↑ ""Rückschlag für Rumantsch Grischun an den Volksschulen | Mein Regionalportal". Suedostschweiz.ch. 8 de outubro de 2012". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua romanche |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Radío Televisiun Rumantscha
- Informacións sobre a lingua romanche
- Relatorio do Ethnologue sobre o romanche
- Páxina da organización Lia Rumantscha
- Romansch - English Dictionary
- Romansch - English Dictionary, different Romansch dialects
- Google Rumantsch
- Google Directory - Romansh language Arquivado 19 de agosto de 2010 en Wayback Machine.