(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Livemocha - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Livemocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Livemocha é unha comunidade de aprendizaxe de idiomas en liña con máis de seis millóns de membros procedentes de 200 países de todo o mundo. Livemocha ofrece cursos básicos de aprendizaxe gratuítos en 38 linguas diferentes e outros cursos avanzados de pago, e tamén permite aos usuarios rexistrados comunicarse ou conversar entre eles.

As linguas nas que ofrece os cursos son: alemán, árabe, búlgaro, catalán, checo, coreano, croata, eslovaco, español, esperanto, estoniano, finés, francés, grego, hebreo, hindi, holandés, húngaro, indonesia, inglés, islandés, italiano, letón, lituano, mandarín, noruegués, persa, polaco, portugués (Portugal e o Brasil), romanés, ruso, serbio, sueco, turco, ucraína, urdú, xaponés.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]