(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Peso máximo de engalaxe - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Peso máximo de engalaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «MTOW»)
Compoñentes do peso máximo de engalaxe.

O peso máximo de engalaxe (MTOW polas súas siglas en inglés) é o peso máximo permitido para que un avión poida engalar con seguridade, debido a límites estruturais ou doutros tipos.

O MTOW é o peso máximo ao cal a aeronave demostrou cumpir todos os requisitos de aeronavegabilidade que lle son aplicables. O MTOW dun aparello é fixo e non varía coa altitude, temperatura do aire ou lonxitude da pista de aterraxe usada. Un peso distinto, o "peso máximo admisible de engalaxe" ou "peso de engalaxe regulado", varía segundo a configuración de flaps, altitude, temperatura do aire, lonxitude da pista ou outros factores.

O peso máximo de engalaxe está formado polo peso en baleiro do avión, o peso da carga útil (pasaxe, equipaxe e carga) e o peso do combustible. O MTOW adoita a expresarse en quilogramos ou libras.