(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Maki F1 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Maki F1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maki
En segundo plano: un Maki FC101C de 1975 (ex-Hiroshi Fushida)
Nome completo Maki Engineering
Bandeira
Baseada en Xapón
Tempadas en activo 3 (1974-1976)
Número de pilotos Howden Ganley
Hiroshi Fushida
Tony Trimmer
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1974
Carreiras 8
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio do Xapón de 1976

Maki Engineering foi un construtor xaponés de Fórmula 1. Un pequeno equipo fundado por Kenji Mimura, participou por primeira vez na tempada de Fórmula 1 de 1974 foi o primeiro equipo xaponés desde a retirada de Honda ao final da tempada de 1968. Participou por primeira vez no Gran Premio do Reino Unido de 1974, co piloto neozelandés Howden Ganley pilotando un único Maki F101, impulsado polo omnipresente motor Cosworth DFV V8. Non puido clasificarse, e logo resultou gravemente ferido nas pernas no seguinte Gran Premio de Alemaña. Posteriormente, o equipo retirouse ao Xapón para reparar e modificar o coche.

O pequeno equipo rexurdiu no Gran Premio dos Países Baixos de 1975, co piloto xaponés Hiroshi Fushida pilotando o actualizado Maki F101C, patrocinado por Reloxos Citizen. Con só 25 participantes, garantíuselle un lugar na grella de saída, pero o DFV rompeuse nas prácticas e non puido comezar a carreira xa que o equipo non tiña repostos. Perdéronse o Gran Premio de Francia, e logo Fushida non puido clasificarse para o Gran Premio do Reino Unido. Para o Gran Premio de Alemaña, o piloto británico Tony Trimmer substituíu Fushida, pero foi incapaz de cualificarse alí nin no Gran Premio de Austria. Maki fixo a súa primeira e única participación nunha carreira fóra de campionato no Gran Premio de Suíza, onde Trimmer terminou último dos finalistas na 13ª posición, a seis voltas do vencedor Clay Regazzoni con Ferrari.

O equipo desapareceu unha vez máis, só para volver unha vez máis a Fórmula Un na derradeira carreira da tempada de 1976, o Gran Premio do Xapón. Con Trimmer de piloto, o actualizado F102A fracasou unha vez máis non logrando clasificarse para a carreira, o equipo nunca volveu a aparecer de novo na Fórmula Un.

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor(es) Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Puntos Pos
1974 Maki F101 Ford V8 F ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA 0 -
Howden Ganley NSC NSC
1975 Maki F101C Ford V8 G ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA 0 -
Hiroshi Fushida NTS NSC
Tony Trimmer NSC NSC NSC
1976 Maki F102A Ford V8 G BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN 0 -
Tony Trimmer NSC

Non Championship results

[editar | editar a fonte]
Ano Carreira Circuíto Piloto Posición Categoría Resultados
1975 Gran Premio de Suíza Dijon Tony Trimmer 13º Fórmula 1 Resultados

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]