Manuel Barbeito Herrera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1885 Ferrol, España |
Morte | 27 de decembro de 1968 (82/83 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Manuel Barbeito Herrera, nado en Ferrol[1] en 1885 e finado en Madrid o 27 de decembro de 1968,[2] foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Barbeíto, avogado e secretario do Xulgado de Ferrol. Comezou a súa carreira en Diario Ferrolano. Colaborou despois en El Ideal Gallego, El Noroeste, El Orzán e Marineda da Coruña ata que se trasladou a Madrid en 1922. Foi redactor de Informaciones e correspondente de La Voz de Galicia. De volta a Galicia dirixiu La Voz de Galicia entre os anos 1946 e 1948. Residente novamente en Madrid colaborou en xornais da capital.
Como escritor publicou poesía e foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de Compostela de 1918 e nos Xogos da Coruña (1919 e 1920); tamén é autor dunha novela de tema galego titulada El retorno. En 1956 foi galardoado co Premio Rodríguez Santamaría de xornalismo.
Obras
[editar | editar a fonte]- De mi viejo solar (1911)
- Libro de Poesías (1912)
- Y el bufón reía (1917)
- El divino monstruo (Editorial Gallega, 1920; novela)
- La querida del diablo (1925)
- El retorno (Moret, 1944; novela)
- La ciudad de los poetas y de las novias del amor ausente (1958)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Marina Gancedo Martínez en 1926.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "BARBEITO HERRERA, Manuel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 118.
- ↑ "Necrolóxica". ABC: 106. 28 de decembro de 1968.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García González, Aurora (2009). Historia de la empresa de La Voz de Galicia (1939-1992). Libros en Red. pp. 103–104.