Manuel Fernández Freijeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1870 Pontedeume, España |
Morte | 18 de decembro de 1936 (65/66 anos) castelo de San Filipe, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Cedeira | |
1936 – 1936 – José Torres Santiso → | |
Alcalde de Cedeira | |
1931 – 1934 | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Manuel Fernández Freijeiro, nado en Pontedeume cara 1870 e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militar Auxiliar de Intendencia retirado. Na República foi alcalde de Cedeira e volveu ser alcalde a partir de marzo de 1936. Durante a súa estancia en Ferrol foi directivo do Real Coro Toxos e Froles. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu nos primeiros momentos pero púxose enfermo e tomaron a dirección o tenente de alcalde José Vergara López e José Bernabé Martínez, do comité de resistencia cedeirense, que proclamaron nun bando a declaración de Estado de Guerra.[1] Detido, foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de San Felipe o 18 de decembro de 1936 canda o seu fillo Ginés Fernández Rodríguez e outros republicanos cedeirenses.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Igrexas, Fernando (2013-05-07). "¡Jamás volvais a Cedeira!". ollaparo.gal (en castelán). Consultado o 2023-07-27.
- ↑ El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.
Predecesor: ? |
Alcalde de Cedeira 1931 - 1934 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Cedeira 1936 |
Sucesor: José Torres Santiso |