Manuel Posse Rodríguez
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Posse.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1892 Vilariño, España |
Morte | 9 de xaneiro de 1968 (75/76 anos) Sar, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote, poeta |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía e theatre (en) |
Influencias |
Manuel Posse Rodríguez, nado en Vilariño (Val do Dubra) en 1892 e finado en Sar (Santiago de Compostela) o 9 de xaneiro de 1968, foi un cura párroco e escritor galego en lingua galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rematou a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela en 1916 e foi titular, entre outras parroquias, de Santa María do Sar (dende 1940).[1][2]
Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[3][4]
Obra
[editar | editar a fonte]- Paisaxes. Versos galegos, Santiago de Compostela, El Eco Franciscano, 1925.[a]
- Adaptación teatral de !Inda non quero ser mico!,[b] de F. Ignacio Blanco Freire.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Con portada de Camilo Díaz Baliño e introito de Juan Barcia Caballero.
- ↑ Un gracioso diálogo entre un labrego e un mozo estudado que se esforza, inutilmente, en convencer ao paisano de que o home non tivo como primeiro pai a Adán, senón un simio.
- ↑ 1,0 1,1 Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 608–609. ISBN 84-7154-227-7.
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 482–483. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Real Academia Galega. Membros correspondentes
- ↑ "Posse Rodríguez, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 130.
- ↑ Ogando, I. e Tato, L. (eds.) (2012). Textos recuperados. De Galo Salinas a Castelao. UDC. ISBN 9788497495332.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Pose Rodríguez, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 105. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 120.
- Dobarro; Fandiño et al. (2005). "Eco Franciscano, El". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 694. ISBN 84-7492-465-0.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.