(Translated by https://www.hiragana.jp/)
Mariví Bilbao - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mariví Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariví Bilbao

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Victoria Bilbao-Goyoaga Álvarez Editar o valor en Wikidata
22 de xaneiro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 2013 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesÁngelo Valverde Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata - 2013 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0082118 Allocine: 76023
Twitter: marivibilbao7 BNE: XX1603514 Editar o valor en Wikidata

María Victoria Bilbao-Goyoaga Álvarez, máis coñecida como Mariví Bilbao, nada en Bilbao o 22 de xaneiro de 1930 e finada na mesma cidade o 3 de abril de 2013, foi unha actriz vasca, especialmente famosa polos seus papeis de Marisa Benito en Aquí no hay quien viva e Izaskun Sagastume en La que se avecina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Bilbao en 1930. Iniciouse moi pronto como actriz de teatro participando en montaxes co grupo de Cultura Hispánica de Bilbao e co grupo Akelarre, do cal foi fundadora. Segundo a propia actriz, nos seus comezos nunca actuou co seu nome: "Bilbao era un pobo. Como para aparecer na ficha dunha estrea no xornal; o meu pai mátame". Por iso actuou baixo o nome de Ángela Valverde.[1]

Debutou no cine con papeis protagonistas nas curtametraxes La interrogación de F. Bardají e Playa insólita (1962), de Javier Aguirre, Irrintzi (1978), de Mirentxu Loyarte e Agur Txomin (1979), de Juanma Ortuoste e Javier Rebollo.

En 1981, cun personaxe de relevo en Siete Calles, de Juanma Ortuoste e Javier Rebollo, cineastas aos que a actriz estivo vinculada ao longo da súa traxectoria, do mesmo xeito que na súa última etapa estívoo a Daniel Calparsoro. Interpretaba o seu primeiro papel nunha longametraxe e a partir dese momento converteuse nunha das máis solventes e eficaces actrices secundarias do cine de Euskadi, lugar no que se centrou practicamente toda a súa carreira cinematográfica.

Como recoñecemento á súa traxectoria profesional, a Asociación de Actores Vascos concedeulle o premio El Abrazo (1996) e o xornal El Mundo o premio Séller, V Edición (1997).

Pero a popularidade débella ao seu papel de Marisa Benito na serie de éxito Aquí no hay quien viva de Antena 3 xunto a Emma Penella e Gemma Cuervo, onde traballou durante máis de tres anos ás ordes de Alberto. En 2007 estreou unha nova serie co mesmo equipo técnico e artístico, aínda que con distintos personaxes e emitida por Telecinco, La que se avecina, na que interpretaba a Izaskun Sagastume.

Ata esta data e ao longo de moitísimos anos colaborou de xeito continúa en diversos programas e series con Euskal Telebista, a televisión autonómica vasca.

En 2006 foi elixida por votación popular como pregoeira das festas da Semana Grande de Bilbao.

En marzo de 2007 acudiu á 79ª entrega dos premios Óscar, ao estar nomeada o curto Eramos pocos, de Borja Cobeaga, que protagonizou xunto a Ramón Barea. Esta era a súa segunda colaboración nunha curtametraxe do cineasta donostiarra, xa que fai dous anos antes rodara baixo as súas ordes o curto La primera vez, gañando o premio á mellor actriz dos Festivais de Ourense e Málaga. Tamén acudiu á Mostra de Venecia con Alumbramiento, de Eduardo Chapero-Jackson, gañando o León de Ouro ao mellor curto europeo, na Sección Oficial Curto Curtísimo.

O 14 de xuño de 2008 recibiu o premio Cidade de Huesca no Festival Internacional de Cine de Huesca, en recoñecemento á súa traxectoria profesional como actriz.

Foi tamén unha habitual colaboradora da campaña Móllate pola esclerose múltiple que se celebra anualmente en apoio aos afectados pola esclerose múltiple no País Vasco e na que traballan outros rostros famosos como Iñaki Gabilondo, Unax Ugalde, Igor Yebra e Borja Cobeaga.

En 2012 anunciou a súa retirada da televisión e da serie La que se avecina, aínda que deixou aberta a porta a gravar anuncios.[2]

O 3 de abril de 2013 faleceu na súa casa de Bilbao por causas naturais e en compañía da súa familia.[3]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Estivo casada dúas veces, unha delas co artista e crítico de arte Javier Urquijo (1939-2003),[4] e ten unha filla, que é decoradora.[5]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Longametraxes

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
Personaxes fixos
Personaxes esporádicos

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]
Premios TP de Ouro
Ano Categoría Película Resultado
2004 Mellor actriz de televisión Aquí no hay quien viva Candidata
Premios da Unión de Actores
Ano Categoría Película Resultado
2004 Mellor actriz secundaria de televisión Aquí no hay quien viva Gañadora
2003 Mellor actriz secundaria de televisión Aquí no hay quien viva Candidata
Premios da Academia da Televisión de España
Ano Categoría Película Resultado
2005 Mellor interpretación femenina Aquí no hay quien viva Gañadora
Festival de Cine Español de Málaga
Ano Categoría Película Resultado
2001 Biznaga de Prata (Curtametraxes): Mellor interpretación femenina La primera vez Gañadora
Festival de Cine Internacional de Ourense
Ano Categoría Película Resultado
2002 Premio AISGE: Mellor interpretación femenina La primera vez Gañadora
Festival de Cine de Alacant
Ano Categoría Película Resultado
2008 Mellor actriz]br>(ex aequo con Cristina Plaza) Alumbramiento Gañadora(s)

Premios pola súa traxectoria

[editar | editar a fonte]
  1. Entre Ionesco e as teleseries
  2. "Mariví Bilbao retírase da televisión e abandona 'La que se avecina'". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2012. 
  3. La Voz de Galicia, ed. (3 de abril de 2013). "Morre a actriz Mariví Bilbao". 
  4. Javier Urquijo, pintor (Obituario)
  5. "Mariví Bilbao, xenio e figura". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2012.